1 nov 2011

O Discóbolo

documentación xeral
TÍTULO: Discóbolo
AUTOR: Mirón
CRONOLOXÍA: 460-450 a. C.
ESTILO: Grego clásico








tema
Un atleta é captado no preciso instante no que vai a lanzar o disco




composición
Mirón imprimiulle gran dinamismo ao corpo do Discóbolo, elixindo o momento no que o atleta sitúa o disco cara atrás, paso previo e inmediato para lanzalo. O obxectivo do artista non era fiel á realidade; a postura responde máis á impresión de movemento que quería transmitir que á posición real que adoptaban os lanzadores de disco.
Grande esforzo do artista por distanciarse do hieratismo da época arcaica converténdose así no escultor do movemento.
Especial atención merece o estudio da tensión entre as diversas formas xeométricas que configuran o corpo. A composición está pensada a partir de triángulos e curvas: a cabeza, as cadeiras e os pés forman unha media circunferencia que se opón, en equilibrio precario, á outra media circunferencia que son os brazos estendidos. Tamén é apreciable unha liña en forma de zigzag que rompe con toda harmonía estática e que vai do disco ata a parte dereita das costas.

contido
A figura representa a un mozo na súa máxima plenitude física, o ideal atlético da época, a piques de lanzar o disco.
A escultura foi feita para crear a ilusión de movemento e non para amosar a técnica dos lanzadores da época.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...