1 may 2012

Natureza morta con tarteira

TÍTULO: Natureza morta con tarteira
AUTOR: Cezanne
CRONOLOXÍA: 1879-1882
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Colección Sr e Sra Rene Lecomte, París













Con este cadro comeza a serie de grandes naturezas mortas do último período. Considérase unha volta á tradición con respecto ás líneas e a gran profundidade da sombra. Formalmente o emparexamento dos obxectos é sobrio e está nunha posición centrada. A cor, a través de manchas, é suave e rica. No camiño da luz á sombra, que incide de forma diferente en cada obxecto, a cor desenvolve a súa escala de valores. Cezanne recréase na textura dos obxectos para conseguir distintos grados da materia; opacos, transparencias, atmósferas, o debuxo no adorno da parede empapelada.
Cezanne para definir as formas, debuxou líneas oscuras arredor dos obxectos con máis definición que noutros cadros. A orixinalidade do debuxo estriba nos vidrios e nas cores e contornos das froitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...