2 may 2012

A vida

TÍTULO: A vida
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1903
ESTILO: época azul 1901-1904
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: The Cleveland Museum of Art

















Entre 1900 e 1906, coincidindo coa escena artística francesa, Picasso inicia a primeira fase persoal da súa carreira. O peso da Barcelona modernista todavía faise notar nos seus cadros decadentes e simbolistas, moi do gusto daquela época. As figuras son monumentais, sobre fondos monocromos nos que predomina o azul e o rosa, que dan nome a estas dúas etapas. A fronteira entre as dúas non é fácil, aínda que na primeira utiliza os temas compasivos e a desolación: mendigos, maternidades a través da miseria, vellos decrépitos e tristeza interior nos que se advirte a influencia de Nonell e o Greco.
A vida, é unha alegoría de gran formato e é o cadro máis ambicioso de Picasso ata o momento. É un grupo simbólico de gran significado, trátase dunha homenaxe ao seu amigo Carles Casagemas, semidesnudo, que se suicidara por amor en París no ano anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...