14 may 2012

Composición nº 1

TÍTULO: Composición nº 1
AUTOR: Jackson Pollock
CRONOLOXÍA: 1948
ESTILO: Expresionismo abstracto
TÉCNICA: Óleo, esmalte, pintura de aluminio
LOCALIZACIÓN: National Gallery of Art, Washington










Neste cadro pódese apreciar como as liñas brancas e negras, a gran velocidade, se entrecruzan sobre un fondo de manchas de diferentes cores...
Os trazos son enérxicos, producto da violencia xestual utilizada polo artista. As formas, liñas, manchas son irrepetibles, a través de siluetas, grumos, gotas. A superficie aparece totalmente recuberta de cores sen ningunha relación entre eles de acordo coas leis do contraste.
En canto á composición, este cadro está formado por masas de diferente densidade. Por outra banda é unha composición libre que prescinde dos puntos de fuga e da perspectiva. Pollock primeiro pintaba e despois delimitaba o cadro (recortaba según como quedase o resultado). Pollock definía o seu estilo como all-over, por que enchía toda a superficie do soporte evitando así un único punto de atención e xerarquía.
A obra de Picasso, de Orozco, Siqueiros e Rivera influiron en Jackson Pollock na elección do gran formato e a intensa expresividade. No ano 1947, o artista xa concretara o seu estilo: abstracción libre, informal, baseada no goteo e as grandes manchas. Pollock foi o representante máis activo da Action Painting (pintura de acción ou xestual), conseguida coa técnica do Driping (goteo), facer gotear sobre o lenzo sen tensar no chan. Por isto foi coñecido como Jack the Dripper (Jack o Goteador).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...