8 may 2012

Táboa nº 1

TÍTULO: Táboa nº 1
AUTOR: Piet Mondrian
CRONOLOXÍA: 1921
ESTILO: Neoplasticismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo Ludwig, Colonia


















Na metade da segunda década do século, hai movementos artisticos que propugnan por unha arte non figurariva, rexida por normas propias, e emancipada da escravitude dos obxectos. Mondrian chegou á abstracción por medio do cubismo e recibiu dúas influencias fundamentais na súa obra; por un lado a obra de Bart van der Leck no ámbito pictórico; a outra procede do místico Schoenmaekers. As tres cores principais son o amarelo, o azul e o vermello, non existen máis cores que esas, decía Schoenmaekers. A partires de estos presupostos, Mondrian elabora o seu programa, exposto nas páxinas da revista De Stilj, que concibe a obra de arte como un vehículo para expresar a forza e a armonía do universo por medio de recursos plásticos.
Mondrian con táboa nº 1, nos transmite a súa satisfacción pola que considera unha obra perfecta. É unha obra compositivamente simple e cada unha das tres cores primarias aparece unha soa vez, para non desvirtuar o núcleo central da súa estética: a arte como creación de relacións elementais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...