1 may 2012

Visión despois do sermón

TÍTULO: Visión despois do sermón
AUTOR: Gaugin
CRONOLOXÍA: 1888
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: National Gallery of Scotland, Edimburgo













Gaugin introduce con este cadro a coexistencia dun plano real con outro imaxinario e os une con recursos plásticos; as mulleres bretonas axeonlladas coas súas cofias e os seus perfiles crean un ritmo decorativo continuo, a árbore en diagonal divide en dúas partes o cadro e o fondo roxo, aislando a zona onde están a loitar Jacob co ánxel.
O cadro foi rexeitado cando Gaugin intentou donalo á igrexa de Nizon, perto de Pont-Aven. Gaugin explícalle ao seu amigo Van Gogh este insólito cadro, "Creo haber conseguido en las figuras una gran sencillez rústica y supersticiosa. El conjunto es muy severo. La vaca debajo del árbol es minúscula en relación con la realidad y está encabritada. Para mí, en este cuadro el paisaje y la lucha existen sólo en la fantasía de la gente que reza después del sermón, razón por la cual hay un contraste entre las personas de verdad y la lucha en el paisaje imaginario y desproporcionado".
O tema do sermón e a loita de Jacob co ánxel, encóntrase nos temas preferidos de Gaugin e dos artistas da época; xa Delacroix tratou o tema nun fresco. Gaugin ao igual que Van Gogh, inspírase nas estampas xaponesas, tanto na loita como no fondo coloreado en roxo.
Esta obra entusiasmou ao crítico de arte Albert Aurier, considerando a Gaugin como o fundador do simbolismo pictórico, en cambio defraudou a Pisarro por copiar aos xaponeses e aos bizantinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...