23 ene 2012

Matrimonio Arnolfini







































TÍTULO: Matrimonio Arnolfini
AUTOR: Jan Van Eyck
CRONOLOXÍA: 1434
ESTILO: gótico flamenco
TÉCNICA: óleo
LOCALIZACIÓN: National Gallery, Londres


Esponsais entre Giovanni Arnolfini, rico mercader italiano en Flandes, e a súa prometida, Giovanna Cenami. A escea desenvólvese na súa cámara nupcial.

Tres cores destacan na composición cromática do cadro: verde intensa reflexado no vestido da noiva, o marrón da túnica que luce Giovanni Arnolfini, e o vermello que cubre o mobiliario da estancia. A luz provén dunha fiestra que está situada á esquerda detrás das personaxes, provocando unha atmosfera especial iluminando de cheo á noiva e creando tamén unha zona de penumbra arredor do noivo.
Van Eyck cambiou a forma tradicional de pintar, substituíndo o tradicional ovo como base, polo aceite que secaba de forma máis lenta e permitía os famosos repintes, conseguindo ese realismo característico da escola flamenca a base de ir engadindo pequenos detalles.

A composición do espacio está conseguida a partir da confluencia na parede do fondo das paredes laterais. Tamén no fondo conflúen as liñas de fuga que están representadas polas vigas do teito e as táboas do chan, conformando o desexado efecto tridimensional. A tridimensionalidade está reforzada polo espello na parede, recurso empregado posteriormente por outros grandes mestres da pintura como Velázquez. No espello están reflexados dúas personaxes que se encontran en fronte aos protagonistas. Por encima do espello podemos observar unha inscripción que dice: Johannes de Eyck fuit hic, 1434, Johannes van Eyck estivo aquí. No teito está unha lámpada que se encarga de centrar a composición. O esposo colle coa súa man esquerda a man da muller, e coa dereita fai un xesto de aprobación ou aceptación. A muller baixando a cabeza sinala a súa modestia.

O cadro no seu conxunto nos está a falar dunha escena relixiosa, aínda que en un principio poderíamos pensar que se trata dunha escena costumbrista, pois nos representa a celebración do sacramento do matrimonio que no século XV non necesitaba da participación dun sacerdote, poi bastaba con dúas testemuñas. A obra está toda ela cargada dun gran simbolismo; a lámpada que pendura do teito simboliza a Xesucristo que todo o ve e santifica, e nos remite á unidade do matrimonio. Os zocos no chan aluden a que os esposos están descalzos e simboliza o sagrado do acto, o can representa a fidelidade dentro do matrimonio, a borla que cae da cabeceira da cama e o ventre avultado da muller simbolizan a fertilidade; as froitas situadas na ventá aluden á inocencia orixinal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...