12 dic 2012

O fusilamento de Torrijos


 TÍTULO: O fusilamento de Torrijos
AUTOR: Antonio Gisbert
DATA: 1888
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
ESTILO: transición romanticismo realismo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado






Antonio Gisbert Pérez naceu en Alcoy no 1835 e morreu en París no 1902, pintor de temática histórica encadrado na época de transición entre o romanticismo e o realismo. Estudiou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid trasladándose posteriormente a París. Permaneceu tamén por espacio de cinco anos (1855-1860), en Roma para continuar os seus estudios donde obtivo unha pensión para costearse a súa estancia.
Gisbert representa unha tendencia pictórica da segunda metade do século XIX, a pintura de grandes acontecementos en relación coa historia dos seu país. Se trata da "pintura de historia" ou "realismo retrospectivo" cuxa pretensión era representar con realismo acontecementos do pasado histórico nacional. 
Esta obra representa os ideais liberais, Gisbert co fusilamento de Torrijos fixo un alegato en defensa da liberdade, en contra do autoritarismo. Gisbert estaba vinculado ao partido progresista polo que esta pintura convertiríase nunha icona do seu tempo. O lenzo foi encargado polo goberno liberal de Práxedes Mateo Sagasta, durante a rexencia de María Cristina.
José María Torrijos (1791-1831) foi capitán de Valencia e ministro da guerra durante o Trienio Liberal (1820-1823), tendo que exiliarse ao recuperar o poder absoluto Fernado VII. Desde Inglaterra conspirou sucesivas veces contra o monarca. O gobernador Vicente González Moreno ofreceulle o seu apoio si embarcaba desde Xibraltar en dirección a Málaga con sesenta homes da súa confianza. Dito apoio converteuse en traición pois Torrijos e os seus homes foron abordados e obligados a desembarcar en Fuengirola. Foi apresado o 11 de decembro de 1831 e foi fusilado xunto aos seus homes nas praias de Málaga por traición e sen xuízo previo.
Técnicamente Gisbert achégase ao academicismo, empregando un firme debuxo e unha simple pero estudiada composición. Os prisioneiros alinéanse de pé fronte ao espectador esperando a morte. Torrijos é a personaxe principal encabezando o grupo e facendo de vértice na composición, collendo as mans dos seus compañeiros, Flores Calderón e o ancián Francisco Fernández Golfín, ex ministro da guerra ao que está a vendar un frade.


Á dereita están o coronel López Prieto, o oficial inglés Robert Boyd e Francisco Borja Pardio. Tamén están os frades tapando os ollos aos que o solicitan e lendo textos bíblicos, mentras nun primeiro plano están os primeiros cadáveres axusticiados, recurso compositivo que nos lembra a Goya. No fondo están os soldados que esperan ordes.
Gisbert mostra na composición as sensacións a partir dos xestos das persoaxes. É de destacar tamén o encuadre, deixando fora de plano algún cadaver, clara influencia da fotografía. As cores son frías subraiando as sensacións terribles da escena e do desenlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...