19 dic 2011

Pórtico da Gloria

TÍTULO: Pórtico da Gloria
AUTOR: Mestre Mateo
CRONOLOXÍA: 1168-1188
ESTILO: Románico tardío
TÉCNICA: talla
MATERIAL: mármore e granito













"No ano 1188 da Encarnación do Señor, o mestre Mateo dirixiu a obra desde o comezo"

"Velaquí, un trono no ceo, e no trono, un sentado./ E arredor do trono había 24 tronos; e vin sentados nos tronos a vintecatro anciáns, vestidos de roupas brancas, con coroas de ouro nas súas cabezas./ E diante do trono había como un mar de vidro semellante ao cristal; e xunto ao trono, e arredor do trono, catro seres viventes cheos de ollos diante e detrás. O primeiro ser vivente era semellante a un león; o segundo era semallante a un becerro; o terceiro tiña rostro como de home; e o cuarto era semellante a unha aguia voando./ E sempre que aqueles seres viventes lle dan gloria e honra e acción de gracias ao que está sentado no trono, ao que vive polos séculos dos séculos, os vintecatro anciáns póstranse diante do que está sentado no trono, e adoran ao que vive polos séculos dos séculos" (Apocalipse de San Xoán).
                                                                                    


composición
O pórtico da Gloria forma parte do nártex da catedral, un reducido espacio de apenas 5 m de ancho que nos impiden a súa visión frontal. Trátase do nivel superior da cripta, ideada polo mestre Mateo para compensar o desnivel do terreo que había con respecto á praza exterior.
Dividido en tres partes que se corresponden coas naves da igrexa, posue máis de duascentas figuras dunha exquisita factura, que utilizando o horror vacui románico, enchen todos os elementos arquitectónicos: arquivoltas, tímpanos, columnas, capiteis.

O punto neurálxico de todo o programa é o parteluz, que o preside a estatua sedente do apóstolo Santiago, patrón da igrexa compostelá coroado por un nimbo de pedras engarzadas, apoiado nun báculo e cunha cartela na man.
                                                                                  




O tímpano principal recrea o Apocalipse: Cristo está no centro en maxestade, amosando as chagas, rodeado polos catro evanxelistas cos seus símbolos; a arquivolta amosa os anciáns do Apocalipse, sobre o dintel, uns arcanxos portan os símbolos da paixón; nos espacios curvos están os elixidos -as doce tribus de Israel e a corte celestial-.









detalle do vintecatro anciáns




detalle dos arcanxos

Nas xambas, un magnífico conxunto de profetas e apóstolos que conversan entre eles.




As xambas simbolizan os fundamentos da cidade descrita por San Xoán, as columnas son o Antigo Testamento -profetas- e o Novo Testamento -apóstolos-. Nos profetas, un apesadumbrado Xeremías sufre polas súas profecías; Daniel está sorrindo pola chegada do Salvador; Isaías sostén un pergamiño; e Moisés levanta as táboas da Lei. Nos Apóstolos, está San Pedro -como sumo pontífice- coas chaves do reino de Deus; San Paulo descalzo; e San Xoán en pé sobre un aguia.

A arcada esquerda está dedicada á Lei de Moisés e a da dereita está dedicada ao Xuízo Final.
En conxunto posue o Pórtico da Gloria unha gran unidade estilística e un dominio técnico que se pode relacionar coa Antigüidade clásica -proporción e elegancia no detalle-.
Estéticamente, o mestre Mateo, rompe co románico no tratamento individualizado das personaxes -rostro e cabelos-, aproximándose ao retrato. Todas as figuras posuen un marcado dinamismo, principios de movemento, que se separan cada vez máis da rixidez románica.




    
                                                                                  
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...