6 dic 2011

San Miguel de Celanova


NOME: San Miguel de Celanova
ARQUITECTO: descoñecido
CRONOLOXÍA: 932, consagrada en 942
LOCALIZACIÓN: mosteiro benedictino de San salvador de Celanova (Ourense)
ESTILO: mozárabe












Cunha superficie de case 22 metros cadrados e unha altura que non alcanza os seis metros, outórgaselle carácter de capela ou oratorio privado, relacionado coa figura de San Rosendo, personaxe importante da historia de Galicia, obispo de Mondoñedo e Santiago e fundador do mosteiro de Celanova.
A fábrica presenta bóveda de canón de ferradura na nave, nervada no cruceiro e de cascarón gallonado na ábsida.
Consta de tres cuerpos alineados, nave cruceiro e ábsida, conectados por arcos de ferradura. O da entrada á ábsida está enmarcado co seu característico alfiz musulmán.






planta
A planta non é basilical, senon que preséntase do tipo cruciforme. Destaca o cruceiro central, a nave principal, máis grande e máis alta, de planta cadrada cuberta por bóveda de aresta de ladrillo sobre arcos de ferradura e reforzada no exterior con contarfortes.
En cada un dos lados, ábrese unha pequena ventá para iluminar o interior. Á nave, accédese por unha porta lateral, está cuberta con bóveda de canón de pequenas dimensións, o mesmo que a ábsida.
As influencias da arte califal da mesquita de Córdoba son evidentes, nas cubertas, nos arcos de ferradura co seu correspondente alfiz e na decoración con modillóns.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...