22 abr 2012

As Meninas

TÍTULO: As Meninas
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1656
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid.

















Velázquez xugou cos efectos de luminosidade facendo que a luz incidise sobre as figuras en primeiro plano e mantendo e semipenumbra as que están no fondo. Este xogo de luz e sombras crea sensación de espacio no cadro. A luz entra pola porta que está ao fondo e contrasta coa escuridade da parede lateral e do teito creando conscientemente por parte do pintor profundidade á escena.
A paleta que utiliza é clara, luminosa e con gran riqueza de cores e matices. A pincelada é longa e fluída.

composición

As personaxes do primeiro plano están dispostas en grupos de tres. Destaca a infanta Margarida, filla dos reis de España, acompañada polas meninas ou damas de compañía:  María Agostina de Sarmiento, que lle está a ofrecer unha xerra con auga, e Isabel de Velasco, que se inclina, facendo unha reverencia.

   


                                     
Á dereita está a enana Maribárbola, o anano Nicolasito Pertusato e un mastín.    


Detrás do todos estos persoaxes están en semipenumbra a dama de honor Marcela de Ulloa e un guardadamas.


No lado esquerdo e detrás dun gran lenzo está a figura expectante de Velázquez, que sostén cunha man o pincel e con outra a paleta. Está vestido coa cruz de Santiago, que lla concederon despois do seu falecemento, por orde do rei, en recoñecemento á súa pintura e ennobrecemento.

O home que está no umbral da porta, é Xosé Nieto, apousentador real da corte, ao igual que o propio Velázquez. O punto de fuga concéntrase na figura da personaxe.

Por último as imaxes dos reis de España, Felipe IV e Mariana de Austria, reflectidas no espello do fondo da sala.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...