23 abr 2012

A familia de Carlos IV

TÍTULO: A familia de Carlos IV
AUTOR: Francisco de Goya y Lucientes
CRONOLOXÍA: 1800-1801
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid












Goya, utiliza unha pincelada solta e relega o debuxo a nivel secundario. Con respecto á paleta, é de destacar o cromatismo dos traxes; brancos e dourados armonizan con vermellos, azuis e negros. Destaca a cor dourada da vestimenta da raíña María Luisa e o vermello do infante Franciso de Paula. En canto á luz, Goya iluminou a parte dereita deixando a parte esquerda en penumbra.

Se trata dun retrato colectivo, que nos recorda ás Meninas, pero que comparte semellanzas co retrato neoclásico (verticalidade, ausencia de movemento), sin poder non obstante incluílo dentro deste estilo, pois renuncia ao debuxo elaborado, centrándose na cor e no estudio psicolóxico das personaxes.
As personaxes son: o rei e a súa dona, cos seus dous fillos pequenos, María Isabel e Francisco de Paula; na esquerda atópase o futuro rei Fernando VII coa súa futura dona, que esconde o rostro, pois todavía non se sabía que ía ser, o infante Carlos María Isidro e a irmá do rei; á dereita, antonio Pascual, irmán do soberano, as fillas dos monarcas, Carlota Xoaquina e María Luísa Xosefina, o marido da segunda, Luis de Borbón e o infante Carlos Luis, fillo deste. Á esquerda en semipenumbra detrás dun caballete de grande factura, aparece Goya.
A escena está dotada de pouca profundidade o que unido a grande cantidade de personaxes da sensación de falta de espacio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...