"La única influencia que he recibido he sido yo mismo"
EDWARD HOPPER
NYACK, NUEVA YORK, 1882-NUEVA YORK, 1967
Edward Hopper nacía en 1882 en Nyack, un pequeno pobo conservador á beira do Hudson, en Nova York. Creceu nun ambiente conservador provinciano, influencia que mantería toda a súa vida, a pesar de vivir no Greenwich Village de Nova York, barrio de artistas empapado dun ambiente bohemio.
Esta influencia conservadora persistirá ao longo da súa obra, incluso despois da súa estancia en París desde outubro de 1906 hasta xullo de 1907, donde un todavía xoven e tímido Hopper se introducirá no ambiente nocturno parisino de prostitutas e bebedores de absenta. Este é o tema que trata en Soir Bleu, desde a súa peculiar e recoñecible óptica pictórica.
Soir Bleu 1914 |
En 1913, trala celebración do Armory Show en Nova York chega a gran revolución da arte de vangarda aos Estados Unidos a través de máis de mil obras, case todas de artistas europeos. Isto provocou unha gran revolución, pero á vez apareceron duras críticas reivindicando un arte nacional que ensalzara os valores e a forma de vida da cultura norteamericana. A partir de aquí surxe unha corrente realista da que Hopper se convirte nun dos seus máximos representantes, a través da tradición clasicista recreando escenas de caracter íntimo: o tema da muller soa na habitación, na súa intimidade, espida ou en roupa interior, case sempre absorta nos seus pensamentos.
En Hopper se pode pensar nunha sexualidade en contra dos ambientes puritanos da época ou nunha certa actitude voyeur, involucrando ao espectador no que está a mirar.
Tamén o tema recurrente da soedade dos protagonistas sempre presente, inscrita nas cidades, nos cafés, nas rúas, gasolineiras, hoteis. Todo isto o podemos ver no Museo Thyssen en Madrid a través dunha gran panorámica retrospectiva do autor hasta o 16 de setembro.

Automat 1927 |
Hotel Room 1931 |
House by the railroad 1925 |