Mostrando entradas con la etiqueta Munch. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Munch. Mostrar todas las entradas

12 dic 2012

Edvard MUNCH




Tal día coma hoxe nacía en Loten (Noruega) no ano 1863 o pintor expresionista Edvard MUNCH





"Mi arte da sentido a mi vida"
(Edvard MUNCH)












7 may 2012

O grito

TÍTULO: O grito
AUTOR: Edvard Munch
CRONOLOXÍA: 1893
ESTILO: precedente do expresionismo
TÉCNICA: Óleo e témpera
LOCALIZACIÓN: Nasjonalgalleriet, Oslo


















Un ser humano, en primeiro plano, berra de angustia e semella que todo o mundo o pode percibir, excepto dúas persoas, que están no outro extremo da ponte, paseando de forma indiferente.

A expresividade da obra é indiscutible. A angustia vital do personaxe apréciase a través das curvas sinuosas que se poden apreciar en toda a obra. Por outra banda a ponte, coa súa barandilla en diagonal, xunto coas dúas personaxes que pasean ao fondo están tratadas de forma lineal.
Con respecto á cor, predominan os vermellos, azuis e negros tratados dunha forma irreal pero que acentúan o sufrimento e angustia do individuo. O ceo crepuscular impacta pola combinación de vermellos e laranxas.
En primeiro plano temos a un individuo que se leva as mans á cabeza e abre a boca para proferir un berro de angustia. A cara está deformada a través dos trazos utilizados, inspirados probablemente nunha momia peruana exposta no museo do home de París. O individuo permenece quieto fronte ás dúas personaxes que pasean indiferentes no outro extremo da ponte. A barandilla da ponte divide as dúas zonas. Ao fondo pode apreciarse un fiordo típico da paisaxe norueguesa, con dous barcos. 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...