Mostrando entradas con la etiqueta Tiziano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tiziano. Mostrar todas las entradas

29 feb 2012

Retrato de Carlos V a cabalo



TÍTULO: Retrato de Carlos V a cabalo
AUTOR: Tiziano
CRONOLOXÍA: 1549
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Museo Nacional del Prado, Madrid


A obra que representa ao emperador Carlos V a cabalo foi pintada por Tiziano no ano 1548 en Augsburgo. O autor emprendera unha longa serie de retratos dos principais protagonistas dos acontecementos históricos europeos de aqueles anos. Carlos V convocara unha Dieta na cidade suaba para reunirse cos príncipes que se adheriran á Reforma luterana, nunha época especialmente propicia para a causa católica, ao haber derrotado en Mühlberg, a orillas do Elba, ás forzas protestantes da Liga do ano anterior.
Neste gran retrato ecuestre, representa ao emperador nese momento histórico: so ante a paisaxe iluminada polos resplandores do crepúsculo, outea o horizonte cunha fera expresión, máis propia do miles christianus (soldado cristiano), pero tamén con claros signos de tensión e cansancio.
Estamos ante unha representación oficial pero que está caracterizada polo marcado estudio psicolóxico do artista, rompendo co tradicional retrato de estado que debía ser unha fiel descripción física da personaxe e valorar só o seu papel político e social.
O retrato ecuestre no campo de Mühlberg é unha celebración do poder do emperador, inaugurando o xénero do retrato ecuestre oficial que con Velázquez terá gran fortuna.

27 feb 2012

Amor sacro e amor profano


TÍTULO: Amor sacro e amor profano
AUTOR: Tiziano Vecellio
CRONOLOXÍA: 1515-1516
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Galería Borghese, Roma


Tiziano representa unha escena con tres figuras: dúas mulleres e un neno aoredor dunha fonte de pedra con gran decoración, situados nunha paisaxe con iluminación provocada por unha posta de sol. As mulleres, de beleza renacentista, son de similares características.
A obra foi un encargo de Nicoló Aurelio, secretario do Consello dos Dez da República de Venecia, cuxo escudo de armas aparece na fonte do centro da imaxe.
Observamos a unha doncela ricamente vestida, probablemente de noiva, que está sentada xunto a Cupido e xunto á Deusa Venus. Os detalles que nos suxiren que é unha noiva son: pelo solto decorado cunha coroa de mirto, planta sagrada de Venus, velo transparente sobre os ombreiros, rosas na súa man dereita, e cinturón, símbolo da castidade. A muller vestida suxeita coas súas mans unha vasixa chea de ouro e xemas, que simbolizan a efímera felicidade da terra e a deusa, espida sostén unha lámpada coa chama ardendo de Deus, simboliza a felicidade eterna do Ceo. 
É unha escena alegórica influida polo neoplatonismo renacentista de Marsilio Ficino, según a cal a beleza terreal é un reflexo da beleza celestial.
Esta interpretación está encabezada por o historiador da arte, Panofski, que nos referencia a unha escena fundametada nos conceptos neoplatónicos renacentistas do amor humano (Venus Vulgaris) en contraposición do amor divino (Venus Coelestis).
Tiziano nesta obra utiliza os tonos nacarados, cunha cor vívida e luminosa a través dunha pincelada solta e unha delicadeza nas modulacións cromáticas que realzan a riqueza e sensualidade das personaxes.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...