6 dic 2011

San Miguel de Celanova


NOME: San Miguel de Celanova
ARQUITECTO: descoñecido
CRONOLOXÍA: 932, consagrada en 942
LOCALIZACIÓN: mosteiro benedictino de San salvador de Celanova (Ourense)
ESTILO: mozárabe












Cunha superficie de case 22 metros cadrados e unha altura que non alcanza os seis metros, outórgaselle carácter de capela ou oratorio privado, relacionado coa figura de San Rosendo, personaxe importante da historia de Galicia, obispo de Mondoñedo e Santiago e fundador do mosteiro de Celanova.
Mozárabe, século X (aproximadamente, 940). Orixinariamente non foi concibido como oratorio nin como igrexa; foi, probablemente, unha edificación destinada a albergar frades transeúntes no mosteiro de Celanova. Trátase dun edificio de pequeno tamaño (altura máxima de 6 m.,8,5 de longo por 3,85 de ancho). Aparello de sillería na tradición da arte visigótico do século VII.A fábrica presenta bóveda de canón de ferradura na nave, nervada no cruceiro e de cascarón gallonado na ábsida.
En planta consta de 3 elementos, un pequeno atrio ou antesala, unha nave cadrada e unha ábsida diminuta; a entrada está na fachada (lateral) sur do atrio e faise por unha porta adintelada, posición da porta propia dos templos mozárabes. As estancias comunícanse entre si por dous arcos de ferradura, un dobrado e outro con alfiz, de tipo islámico califal. A ábsida é rectangular visto desde o exterior pero internamente a súa planta ten forma de arco de ferradura moi pechado, o que, xunto ao seu pequeno tamaño, fai del algo parecido ao mihrab dunha mesquita árabe-musulmá.





planta
A planta non é basilical, senon que preséntase do tipo cruciforme. Destaca o cruceiro central, a nave principal, máis grande e máis alta, de planta cadrada cuberta por bóveda de aresta de ladrillo sobre arcos de ferradura e reforzada no exterior con contarfortes. 
A cámara principal cóbrese por unha bóveda de arestas en ladrillo, sostida por arcos peraltados e apoiados nunhas ménsulas de rolos; o atrio está cuberto por unha bóveda de canón en forma de ferradura apoiada sobre unha moldura de arranque; a ábsida está cuberta por unha bóveda de gusto andalusí formada pola
intersección de oito casquetes esféricos, unha bóveda gaionada de oito plementos, en ladrillo e recuberta de xeso, que arrinca nunha simple imposta. En cada un dos lados, ábrese unha pequena ventá para iluminar o interior. Á nave, accédese por unha porta lateral, está cuberta con bóveda de canón de pequenas dimensións, o mesmo que a ábsida.
As influencias da arte califal da mesquita de Córdoba son evidentes, nas cubertas, nos arcos de ferradura co seu correspondente alfiz e na decoración con modillóns.

Contexto historico
Para entender este edificio na Galicia feudal e cristiá do século X debes ter en conta que, a partir de mediados do século IX, moitos cristiáns mozárabes abandonaron Al-Andalus para repoboar as terras reconquistadas polos reinos cristiáns ao norte do Douro (persecucións no sur, promesas dos estados do norte). No século X Galicia está lonxe dos avatares político-militares das terras de fronteira co Islam, a
vida aquí era máis tranquila e iso atraeu aos mozárabes, aínda que en menor cantidade que ás zonas do norte da meseta do Douro. En todo caso os edificios mozárabes galegos son máis tardíos que o leoneses pero aquí, como en todas partes, a arte mozárabe introduciu na arte cristiá occidental técnicas e formas de orixe árabe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...