13 dic 2011

Portada de Platerías

NOME: portada de Platerías
ARQUITECTO: maestro Esteban
CRONOLOXÍA: 1103
LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela
ESTILO: románico













Trátase dun dos primeiros exemplos de portadas historiadas na Península, a porta de Platerías, situada na parte sur do transepto, presenta un extraordinario conxunto escultórico cunha decoración que non só se limita aos tímpanos.
A portada estructúrase en dous corpos. No corpo central inferior observamos dúas portas abocinadas con tres arquivoltas cada unha sobre columnas acodadas, con tímpano semicircular, sobre os arcos exténdese un friso continuo. No segundo corpo ábrense dúas ventás con arcos polilobulados de influencia hispanoárabe.
Un incendio na fachada románica norte (Azabachería) provocou esa apariencia caótica que posue na actualidade pois algunhas das esculturas da citada fachada norte foron adosadas ao conxunto.
A porta de Platerías estaba dedicada á Redención, destacando a doble natureza de Cristo, a humana e a divina.





No tímpano da dereita, móstrase a natureza humana de Cristo, cunha serie de escenas como o "anuncio aos pastores", ou a "adoración dos Magos" na parte superior do mesmo, e o "prendemento", o "Cirineo", a "flaxelación" e a "coronación de espiñas" na parte inferior, como exemplos da súa humanidade.









No tímpano da esquerda, móstrase a natureza divina de Cristo, resistindose ás tentacións demoníacas e acompañado dunha serie de anxos, episodio que reflexa a súa estancia no deserto. Na parte inferior aparece unha enigmática muller de longos e alborotados cabelos, vestida con lixeira túnica transparente, recordo quizá dos panos mollados, sostendo entre as mans unha caveira. Hai autores que a consideran unha representación de Eva, aludindo así ao pecado orixinal, outros en cambio creen que o significado habería que buscalo no propio Códice Calixtino.
No friso, a continuación, aparecen as figuras do "Salvador" e os "Apóstolos" e unha serie de placas adosadas que pertencen a escenas do Xénese como a "creación de Adán" ou a "expulsión do paraíso". No lateral da porta esquerda, encóntrase unha das xoias da escultura románica española de principios do século XII, a imaxe do rei "David" cunha especie de laúd, sedente e coas pernas cruzadas que nos recorda a outras esculturas románicas de catedrais francesas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...