Cristo en maxestade, na ábsida , presidindo o conxunto da composición pictórica, característica habitual da arte románico catalán. Maiestas Domini o Pantocrátor, Deus desde a perspectiva máis sobrenatural da visión apocalíptica, aparece con todo o seu poder e toda a súa gloria para xulgar á toda a humanidade.
O Pantocrátor posúe dimensións sobrenaturais que representan "o ceo", Cristo está inscrito nunha mandorla perlada que simboliza o mundo e os seus pes reposan sobre a bola do mundo. Deus recórdanos cal é o seu papel, o de Deus lexislador, xuiz que domina o terrenal.
Cristo está frontal sobresaíndo da mandorla co brazo dereito levantado facendo o signo da bendición coa man con dous dedos á maneira grega, e co libro aberto á esquerda sobre o nocello. A alfa e a omega, primeira e derradeira letra do alfabeto grego simbolizan o principio e o fin e en consecuencia, Deus como creador e tamén como destructor. Sobre o libro a inscripción EGO LUX SUM MUNDI (yo soy la luz del mundo), luz como símbolo da verdade absoluta, do ben e do camiño para a salvación según o evanxelio de Xoan: "yo soy la luz del mundo, el que me sigue de ninguna manera andará en la oscuridad, sino que poseerá la luz de la vida" (Jn 8:12). A Dextera Domini, a man dereita de Deus indícanos a proteccción divina, a lexitimización do poder.
As figuras do tetramorfo, están inscritas en rodas ou círculos enlazados entre si. Iconografía relacionada coas visións do profeta Ezequiel: o home asociase a San Mateo, o león identifícase con Marcos. o touro sería Lucas e a águia estaría asociada á figura de Xoan. Ademáis dúas figuras simétricas flanqueando a composición representando un serafín e un querubín cada un con tres pares de alas e con seis ollos inscritos.
Gracias por tu aporte, mucha riqueza en tu información breve.
ResponderEliminar