Mostrando entradas con la etiqueta informalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta informalismo. Mostrar todas las entradas

15 may 2012

Marrón e ocre

TÍTULO: Marrón e ocre
AUTOR: Antoni Tàpies
CRONOLOXÍA: 1959
ESTILO: Informalismo
TÉCNICA: mixta sobre tea
LOCALIZACIÓN: Fundación March, Madrid














A comezos dos anos cuarenta, Tàpies copia obras de Picasso e Van Gogh utilizando empastes moi grosos para demostrar o seu desprecio pola arte académica. No ano 1953, concentra nas súas obras unha grande cantidade de materia que o artista rasca, imprime e manipula de diversas formas, dominando toda a superficie do lenzo, de gran formato. Tàpies coincide así con a grande corrente informalista europea daqueles anos na obra de Fautrier ou Dubuffet, que utilizan as mesmas premisas creadoras. Mezcla pintura con po de mármore, limaduras, aglutinantes para darlle un espesor e unha consistencia que por métodos normais sería impensable. Tàpies explora novos significados, trátase de "pasar dunha materia particularizada a unha materia xeralizada, cambiando a visión que a xente ten do mundo, pois a través da materia pódese acceder a outros dominios, os da sociedade, política e moral."

8 feb 2012

Antoni Tàpies i Puig (Barcelona 13 decembro 1923-6 febreiro 2012)

Tàpies naceu en Barcelona no ano 1923 e morreu o pasado 6 de febreiro deste recén estreado 2012.
Nos deixa un gran pintor, escultor e un indiscutible teórico do arte español. Considerado como un dos máis destacados artistas do século XX, é asímesmo un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo.
O informalismo é un movemento pictórico que abarca tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Francia e no resto de Europa despois da IIª Guerra Mundial en paralelo co Expresionismo Abstracto estadounidense.
Antoni Tàpies era de formación autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX combinando tradición e innovación dentro dun estilo abstracto pero simbólico dando relevancia ao sustrato material da obra. Tiña especial interés pola materia, a terra, o po, os átomos e as partículas e gustaba de utilizar materiais alleos á expresión plástica academicista, nos referimos ás pinturas matéricas, incluíndo nelas todo o sentido espiritual da súa obra.
 

cruz e terra



O primeiro pintor español informalista foi Antoni Tàpies. Xunto cos pintores Tharrats (1918), Cuixart (1925) e Ponç (1927-1984) e os escritores e críticos Cirlot, Brossa e Puig formou parte do grupo barcelonés Dau al set, creado en 1948 e que se disolveu entre 1952 e 1955. A pintura deste grupo desenvolveuse basicamente dentro dos parámetros do surrealismo.
A partir de 1952, Tàpies elimina todo elemento figurativo e introdúcese no informalismo. Investigou sobre a materia pictórica como modo de expresión e converteuse no principal representante do informalismo matérico. Concibe a superficie non como fondo sobre o que representa, senón como espacio no que actua utilizando a técnica do grattage, raspando, furando...outorgando relevo as súas obras, mezclando po de mármore triturado con óleo. Utiliza tamén nas súas obras obxectos pouco corrientes como cordas, arroz, entullos...As cores que utiliza están próximas á terra -castaños, beixes, ocres-, tonalidade de grises e branco sucio.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...