NOME: Basílica de Santa Sofía de Constantinopla
ARQUITECTOS: Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto
CRONOLOXÍA: 532-537
LOCALIZACIÓN: Constantinopla
ESTILO: Bizantino
MATERIAIS: ladrillo e mármore; no interior, recuberto de mosaicos
Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, o primeiro experto en matemáticas e xeometría sería o responsable teórico e Isidoro de Mileto ocupouse de levar a teoría á práctica.
Construíuse en breve tempo, apenas cinco anos, entre 532 e 537.
Durante séculos foi o templo máis importante da cristiandade, tras caer a cidade baixo o Imperio otomán no século XV, foi transformada en mesquita.
Na actualidade despois de ser museo, o goberno turco converteuna de novo en mesquita.
exterior
O que máis destaca é a gran cúpula asentada sobre un tambor de fiestras, e o muro, cheo de aperturas e secundado por grandes contrafortes. Estes danlle un aspecto macizo pero á súa vez fan un servizo imprescindible para vencer as tensións que exerce a cúpula.
planta e interior
Os arquitectos de Santa Sofía deseñaron un edificio que une as tradicións de Oriente e Occidente, sendo ao mesmo tempo centralizado e basilical dentro dun rectángulo de 70 x 76 metros.
Como planta basilical está precedida dun dobre nartex, ten tres naves separadas por arcos de medio punto sobre columnas.
A nave central é o dobre de ancha e condúcenos como espazo lonxitudinal cara á ábsida. A cúpula, de grandes dimensións, condicionou a estructura da basílica.
A planta é un rectángulo cun centro que está formado por 4 piares que delimitan un cadrado. Estes piares soportan gran parte do peso da cúpula, apoiada sobre 4 grandes arcos de medio punto que axudados por un sistema de pechinas, definen o círculo que forman.
Para absorver a presión da cúpula existen dúas medias cúpulas sostidas por piares dispostos octogonalmente. Estes se contrarrestan á súa vez a partir de exedras que se abren en arcadas. O empuxe da gran a cúpula utilízase todo un sistema de contrarrestos, así mediante dous grandes arcos de reforzo o peso trasládase cara a dous dúas medias cúpulas unha na cabeceira e outra nos pés e estas dúas contrarréstanse á súa vez mediante outras dúas pequenas exedras como as da imaxe. Os catro piares refórzanse con catro contrapiares macizos nas naves laterais.
O empuxe da cúpula é conducido ao chan gracias ás innumerables bóvedas, os contrafortes exteriores contrarrestan as presións laterais. 40 fiestras que forman o tambor da cúpula irradian de tal xeito que debuxan un anel de luz sobre o cal flota a cúpula, símbolo da bóveda celeste.
O sistema construtivo en todo o edificio é o abovedado con bóvedas de aresta nas naves laterais que quedan illadas visualmente da gran sala central e por tanto cun papel moi secundario e a cúpula na nave central. ( na imaxe bóveda aresta de nave lateral practicamente incomunicada coa gran nave central, feito que acentúa a idea de espazo centralizado).
O máis destacable do espazo é a gran cúpula gallonada, que carece de tambor, está construída con materiais de pouco peso, como ánforillas que permite abrir o anel de xanelas dando a sensación de que a cúpula flota.
1) Tribuna
2) Cúpula
3) Pendente (pechina)
4) Media cúpula
5) Exedra



preciso revisar meus escasos coñecementos de arquitectura para unha comprensión completa da entrada, pero é un bo punto de partida para interesarse polo símbolo de Estambul.
ResponderEliminar