CRONOLOXÍA: século VII
AUTOR: descoñecido
AUTOR: descoñecido
ESTILO: Visigodo
LUGAR: Bande (Ourense)
LUGAR: Bande (Ourense)
Prerrománico visigodo, século VII. Incorpora algúns elementos asturianos do século IX.
Planta
Planta cruciforme rexistrada nun rectángulo (esquema visigodo), ábsida recta interior e exteriormente, pórtico con tres vans, espazo interior compartimentado. A igrexa formaba parte dun conxunto monástico;
orixinariamente incluía dependencias anexas cadradas; as conectadas ao pórtico utilizaríanse como albergue de peregrinos, as restantes estarían destinadas aos monxes. Actualmente só consérvase unha destas dependencias (encostada á cabeceira). Bóvedas de canón en ferradura (descargan directamente sobre os muros) nos catro brazos da cruz e bóveda de arestas no cruceiro montada sobre arcos de ferradura. Bóvedas en ladrillo de tipo espiña de peixe (técnica romana). Como os templos visigodos non adoitan estar abovedados o anterior singulariza a este edificio.
Ábsida
Arco toral na ábsida, de ferradura, sen dovela clave, con dovelas moi irregulares, peralte dun terzo do radio e trasdós recto. Característico da arte visigodo.
Catro columnas exentas soportan o arranque do arco, monolíticas de mármore negro, posiblemente recuperadas de obras romanas anteriores; capiteis corintios moi simplificados, baseas diferentes.
Influencia da arte asturiano: a pequena cámara situada sobre o arco toral á que só se podía acceder por unha xanela interior. Hoxe dá ao exterior porque o actual tellado da ábsida está rebaixado respecto do orixinal.
interior
No centro disponse unha bóveda de arestas sobre un ciborrio sostido por catro arcos de ferradura co dovelaxe embebido nos muros. Deste corpo central parten os catro tramos das naves das que a oriental ábrese por un arco de ferradura sobre columnas pareadas á capela maior.
A cabeceira da capela é cadrada, na parte dos pes hai unha porta bastante ancha ampliación da primitiva, ante esta porta hai un pórtico posterior no tempo pero con sillería similar ao resto da fábrica.
A disposición das bóvedas resulta elemental, con catro cañóns perpendiculares ao ciborrio, que dan firmeza aos catro arcos principais. A lixereza das bóvedas, de ladrillo, fixo innecesario un abovedamento complementario nas habitacións dos ángulos, que deberon ter techumbres de madeira. Na capela maior hai bóveda de canón, de pouca altura, sobre a que existía unha cámara accesible desde a igrexa por unha ventá situada sobre o arco toral.
Contexto historico
No ano 550 o rei suevo Teodomiro e o seu sucesor, Mirón, levan a cabo unha serie de campañas militares co fin de liberarse dos visigodos e recuperar a independencia; pero este intento significou o final do reino suevo de Galicia.
O rei visigodo Leovigildo, no ano 585, co pretexto duns conflitos internos da monarquía sueva, invade co seu exército o territorio suevo, toma Porto e Braga e incorpora definitivamente o reino suevo da antiga Gallaecia á monarquía hispánica visigoda.
No século VII o bispo de Braga, Fructuoso, impulsou o monacato en Galicia fundando varios mosteiros nos que os monxes se rexían por unha regra de vida en común; deste impulso xurdiu Santa Comba de Bande, na actual provincia de Ourense.



No hay comentarios:
Publicar un comentario