Mostrando entradas con la etiqueta Andy Warhol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andy Warhol. Mostrar todas las entradas

22 may 2012

Marylin

TÍTULO: Marylin
AUTOR: Andy Warhol
CRONOLOXÍA: 1964
ESTILO: Pop Art
TÉCNICA: acrílico sobre lenzo


















A galería de retratos que Andy Warhol fixo, constitúe unha mostra dos personaxes máis famosos e influíntes da súa época. Políticos como Mao ou o Che, estrelas de cine como Marylin Monroe ou Liz Taylor, artistas como Elvis Presley forman parte deste longo elenco. Ningún foi elexido ao azar, todos representan a beleza, o poder e o glamour e gracias a Warhol convértense en iconos. Para realizar estas obras utilizaba fotografías instantáneas, logo modificadas a través do retoque pictórico desenfocando os contornos e añadindo novos brillos e cores. O tema de Marylin aparece por primeira vez no 1954, nunha pintura de Willen de Kooning, despois do suicidio da actriz no 1962, Warhol lle dedicará algunhas das súas series máis famosas. O retrato fai fincapé nos elementos emblemáticos da súa condición de sex-symbol: beizos vermellos e sensuais e cabeleira longa e rubia oxixenada.
O Pop Art quixo achegar a arte a todo o mundo mediante marcas e xente famosa. O seu obxectivo último era romper fronteiras entre a arte e a vida e conseguir precisamente que estos obxectos entrasen nos museos de arte.
Andy Warhol traballaba no seu estudio The Factory (A fábrica), e producía o seu arte en serie, perdendo a calidade de ser única. 

21 may 2012

Sopa Campbell's

TÍTULO: Bote de sopa Campbell
AUTOR: Andy Warhol
CRONOLOXÍA: 1965
ESTILO: Pop Art
TÉCNICA: Acrílico e tintura serigráfica
LOCALIZACIÓN: diferentes museos (National Gallery of Art, Washington, Leo Castelli Gallery, Nova York)

















Andy Warhol reprodiciu en multitude de ocasións e sempre diferente os botes de sopa Campbell. En esta versión mantén a etiqueta da lata orixinal, de feito é unha reproducción en acrílico e tintura serigráfica da lata auténtica de sopa.
A lata está representada en perspectiva sobre un fondo neutro que fai resaltar o seu contorno. O artista elixe unha lata de sopa Campbell como motivo dunha obra de arte, exemplificando o pop art, relacionando a arte e a cultura popular, dándolle importancia á cotidianidade e ao banal e superfluo.
Andy Warhol con estas obras estaba protestando contra a arte institucionalizada, fóra do gran público, e venerada sen reflexión nin acercamento crítico. Os temas utilizados por Warhol son a fama, o glamour, a morte, a violencia, os desastres e o diñeiro. Utiliza un método rápido para a apropiación da imaxe, fácil de usar, con posibilidade de reproducción indefinida, convertendoa en auténtico icono da cultura contemporánea. Warhol confesou que serigrafiou a lata de sopa Campbell, pois era o que comía todos os días.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...