Mostrando entradas con la etiqueta Velázquez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Velázquez. Mostrar todas las entradas

22 abr 2012

As Meninas

TÍTULO: As Meninas
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1656
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid.

















Velázquez xugou cos efectos de luminosidade facendo que a luz incidise sobre as figuras en primeiro plano e mantendo e semipenumbra as que están no fondo. Este xogo de luz e sombras crea sensación de espacio no cadro. A luz entra pola porta que está ao fondo e contrasta coa escuridade da parede lateral e do teito creando conscientemente por parte do pintor profundidade á escena.
A paleta que utiliza é clara, luminosa e con gran riqueza de cores e matices. A pincelada é longa e fluída.

composición

As personaxes do primeiro plano están dispostas en grupos de tres. Destaca a infanta Margarida, filla dos reis de España, acompañada polas meninas ou damas de compañía:  María Agostina de Sarmiento, que lle está a ofrecer unha xerra con auga, e Isabel de Velasco, que se inclina, facendo unha reverencia.

   


                                     
Á dereita está a enana Maribárbola, o anano Nicolasito Pertusato e un mastín.    


Detrás do todos estos persoaxes están en semipenumbra a dama de honor Marcela de Ulloa e un guardadamas.


No lado esquerdo e detrás dun gran lenzo está a figura expectante de Velázquez, que sostén cunha man o pincel e con outra a paleta. Está vestido coa cruz de Santiago, que lla concederon despois do seu falecemento, por orde do rei, en recoñecemento á súa pintura e ennobrecemento.

O home que está no umbral da porta, é Xosé Nieto, apousentador real da corte, ao igual que o propio Velázquez. O punto de fuga concéntrase na figura da personaxe.

Por último as imaxes dos reis de España, Felipe IV e Mariana de Austria, reflectidas no espello do fondo da sala.


18 abr 2012

Bufón de Pablos de Valladolid

TÍTULO: Pablo de Valladolid
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1632-1633
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado



















Pablo de Valladolid era un dos denominados "homes de placer", destinados a divertir á familia real. Vestido todo de negro, pintado sobre un fondo claro, constitue toda unha novidade nun retrato. Monet decía ao respecto que o fondo desaparecía, o aire que rodeaba a persoaxe e o seu vestido todo negro era o único que lle infundía vida.
Este mismo método foi utilizado polo mestre francés no seu cadro El pífano, realizado en 1886. É un espacio indefinido, non hai liñas do pavimento, o bufón está posando únicamente. Goya tamén se entusiasmaría con esta obra e utilizaría este recurso para moitos dos seus retratos.

A rendición de Breda

TÍTULO: A rendición de Breda ou as Lanzas
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1634-1635
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado













Velázquez escolleu o momento da entrega das chaves da cidade despois dun longuísimo asedio que provocaría fame obrigandoa a capitular. O enfoque de Velázquez é novidoso pois rexeita o tradicional binomio triunfo-humillación para así eloxiar a humanidade e xenerosidade dos vencedores, é decir da monarquía española.
Con respecto á composición os dous protagonistas ocupan o espacio central: o xeneral holandés, inclínase ante o xeneral Spinola, este lle impide o xesto, establecendo unha relación. O xesto de Spinola, evoca caridade cristiá e grandeza.
Velázquez trata a victoria de modo sutil. A ámbos lados das persoaxes entre luces e sombras, están os dous exércitos que nos transmiten diferentes sensacións; o exército holandés está á esquerda e representa o desorde; o exército español está á dereita e representa a orde e as lanzas aliñadas.
Neste cadro está a utilizar a perspectiva aérea articulada a través da luz e da cor. O primeiro plano está moi contrastado co fondo de paisaxe, onde están os vencidos difuminándose hacia unha luz plateada. Tamén a sensación de profundidade está conseguida a través dos dous cabalos e a súa disposición oblicua xunto cos dous grupos de soldados e as súas lanzas.

A fragua de Vulcano

TÍTULO: A fragua de Vulcano
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1630
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado













Esta obra foi executada por Velázquez no transcurso do ano 1630 durante a súa estancia romana, e parece revelar a  influencia de Guido Reni e a estatuaria clásica. O rostro do xoven deus Apolo é delicado; rubio, adolescente cunha desnudez nacarada, cuberto por un manto que xunto coa aureola de raios de sol, ilumina o ambiente da fragua que está en penumbra.
Velázquez introduce elementos cálidos na escena a través dun trozo de metal ao roxo vivo que Vulcano está a suxeitar sobre o xunque e polo lume da chimenea, que ilumina os corpos dos ferreiros, que contemplan con certo estupor a Apolo, ao igual que Vulcano e os seus compañeiros, escoitan o que di o deus, con xestos un tanto arrogantes.
A escena representa como o xoven deus comunica a Vulcano que a súa dona, Venus, o está a enganar con Marte, deus da guerra, ao cal e posible estean destinadas as pezas da armadura que está forxando.
Os temas sevillanos, están agora enriquecidos con elementos estilísticos novos, descubertos en Italia. As tiras das sandalias de Apolo, a xerra blanca que está encima da chimenea e o azul do ceo que se ve detrás da porta. 

O aguador de Sevilla

TÍTULO: O aguador de Sevilla
AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1620
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Wellington Museum, Londres


















Podemos observar nesta obra a un home de idade, vestido de forma pobre e sinxela, tendéndolle unha copa a un neno, a copa é transparente e pódese apreciar un figo dentro. O neno ten a cabeza ladeada e respetuosamente colle a copa. Entre estes dous persoaxes, en penumbra, aparece a silueta doutro xoven máis alto que bebe dunha xerra de cerámica. A interpretación desta escena, tradicionalmente pódese pensar na alegoría das tres idades.
Baixo a manga descosida da túnica do vello, asoma o brazo que está a apoiar nun cántaro. Velázquez aquí parece anticipar as naturezas mortas de Cézanne e Juan Gris.
A luz inténsificase desde a ánfora do primeiro plano, para ir directamente hacia a xerra máis pequena, colocada sobre a mesa, e concluir nas tres cabezas por orde de idade hacia o aguador.
Na composición reina unha certa inmovilidade, ao igual que na Vella fritindo ovos, mentras que é evidente o dominio extremo da materia e do debuxo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...