AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1620
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Wellington Museum, Londres
Podemos observar nesta obra a un home de idade, vestido de forma pobre e sinxela, tendéndolle unha copa a un neno, a copa é transparente e pódese apreciar un figo dentro. O neno ten a cabeza ladeada e respetuosamente colle a copa. Entre estes dous persoaxes, en penumbra, aparece a silueta doutro xoven máis alto que bebe dunha xerra de cerámica. A interpretación desta escena, tradicionalmente pódese pensar na alegoría das tres idades.
Baixo a manga descosida da túnica do vello, asoma o brazo que está a apoiar nun cántaro. Velázquez aquí parece anticipar as naturezas mortas de Cézanne e Juan Gris.
A luz inténsificase desde a ánfora do primeiro plano, para ir directamente hacia a xerra máis pequena, colocada sobre a mesa, e concluir nas tres cabezas por orde de idade hacia o aguador.
Na composición reina unha certa inmovilidade, ao igual que na Vella fritindo ovos, mentras que é evidente o dominio extremo da materia e do debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario