26 abr 2012

Impresión, sol nacente

TÍTULO: Impresión, sol nacente
AUTOR: Claude Monet
CRNOLOXÍA: 1872
ESTILO: Impresionismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo Marmottan, París











Monet en este cadro utiliza pinceladas soltas que perseguen conseguir sutís efectos de luz. Neste sentido cabe destacar as manchas de cor laranxa que representan os reflexos do sol na auga. A técnica de Monet é espontánea e inmediata debido á pintura ao aire libre, intenta captar unha impresión fugaz da natureza. As figuras son esquemáticas, apenas un bosquexo.
Este cadro lle deu o nome aos "impresionistas" a pesar de que non é o mellor exemplo da maneira de pintar deles; moito máis "impresionistas" son as obras de Monet en Argenteuil, inspiradas no río Sena. Monet dixo deste cadro que non pretendía unha representación topográfica do porto de Le Havre, senón unha impresión causada pola saída do sol, quería captar a atmosfera. Monet propuxo o título de Impresión, pero Auguste Renoir, optou por engadirlle Sol nacente para facilitar ao espectador a comprensión do cadro.
O nome de "impresionismo" comezou con este cadro de Monet, xunto con Renoir, Pissarro, Cézanne e Sisley que organizaron unha exposición en 1874 no estudio do fotógrafo Nadar. Os críticos non foron amables con eles, e o comentario máis célebre foi o de Louis Leroy, que considerou o cadro de Monet, síntoma da tendencia xeral do grupo e titulou a súa crítica de forma irónica "Exposición dos impresionistas". Eles mesmos colleron o nome como un alago.
No cadro aparecen os barcos mercantes e as chemineas das fábricas expulsando fume. A néboa matinal impide unha correcta visión do sol. Nun punto máis cercano vislúmbranse tres botes de remos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...