AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1800
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid
O 16 de marzo de 1815, a Inquisición ordenaba: "Que se llame a comparecer ante este tribunal al llamado Goya para que reconozca y diga si son obra suya, con qué motivo las hizo, por encargo de quién y qué fines se proponía". As dúas Majas aparecerán entre os bens confiscados a Godoy, pero falta o documento de encargo. Esta falta de información fixo crer, tradicionalmente, que as pinturas representaban á Duquesa de Alba, pouco probable pois o parecido físico non está constatado ni existe constancia da pertenza dos cadros á casa de Alba. A probabilidade de que o encargo fora feito por Godoy, é bastante grande e se cree que tería forma de díptico, pois a vestida taparía á desnuda. A Maja vestida non é un retrato particular de alguén, máis ben está a retratar un traxe con vestido de talle alto, cintura estreita e coa española mantilla de encaixe negro sobre os ombreiros.
TÍTULO: Maja desnuda
AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1800
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid
Probablemente se trate da posible amante de Godoy, Pepita Tudó, disposta exactamente igual que a vestida. O rostro é afilado e sutil, posúe amendoados ollos sen apenas maquillaxe pero moi profundos, cabelos castaños e rizados. É un retrato dunha muller espida entre sabanas desordeadas. Con respecto á vestida trátase dunha imaxe canónica, engalanada e cun rostro tradicional. A desnuda, é un retrato sen pudor, sobre unha cama a medio facer, apoiada sobre coxíns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario