Mostrando entradas con la etiqueta arquitectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arquitectura. Mostrar todas las entradas

6 feb 2017

Sainte-Chapelle


Nome: Sainte-Chapelle.
Autor: Pierre de Montreuil.
Cronoloxía: 1242-1248.
Uso: Capela.
Estilo: Gótico.
Localización: París.

A Sainte-Chapelle é unha capela palatina e á vez foi erixida como un relicario, para gardar a coroa de espiñas. Estructuralmente está dividida en dous niveis, o inferior destinado aos cortesáns e un nivel superior, para uso da realeza.
A capela inferior está adicada á Virxe, amplo espazo con aspecto de cripta que contrasta pola súa robustez, coa superior culme da elegancia e lixeireza do gótico radiante. Utiliza arco apuntado, bóveda de crucería o que fai que se distribuan as cargas creando un espazo desmaterializado, no que os muros son prácticamente de cristal, medindo máis de 15 metros de altura por 5 metros de anchura, todo cuberto por grandes cristaleiras.
A capela está situada xunto á catedral de Notre Dame, contrastando se cabe máis pola súa lixeireza en comparación coa severidade da catedral.
As vidrieiras, desenvolven un amplo programa iconográfico da historia da cristiandade, empezando polo antigo testamento e terminando co Apocalipse, representado no gran rosetón.


23 ene 2014

Santa María del Mar








 Santa María del Mar, en Barcelona es la única iglesia de estilo gótico catalán puro. Su cronología de 1329 a 1384 nos traslada al período gótico, en concreto al período gótico mediterráneo del siglo XIV. Esta fábrica fue dirigida por Berenguer de Montagut y era el templo de los armadores y mercaderes de Barcelona.
La planta de salón o iglesia de salón es de tres naves casi de la misma altura, con gruesas y altísimas columnas. La iglesia de salón (hallenkirche) es un tipo de construcción caracterizada porque su planta es rectangular y las naves de la obra tienen la misma altura. Este tipo de iglesia fue desarrollada durante el gótico europeo en Alemania. En España se introdujo a partir del siglo XIV con gran difusión en las zonas mediterráneas de Levante, Cataluña y Baleares. 
Posee una nave central más amplia que sus laterales y numerosas capillas entre los contrafuertes que le otorgan un aspecto diáfano. La cabecera posee una girola con corona de capillas poligonales.










El alzado está realizado en sillares con arcos alancetados, muy agudos, y claristorio escasamente calado. Se apoya en el muro, los contrafuertes se encuentran entre las capillas y tiene esbeltos pilares poligonales donde no aparecen baquetones desde su capitel. Destacamos la importancia de su escasa diferencia de altura entre las naves laterales y la central más ancha.










La cubierta está integramente resuelta con bóvedas de crucería barlongas; sencilla de planta rectangular alargada, de gran vuelo las centrales.
La girola con corona de capillas poligonales se adapta al espacio trapezoidal mientras que en la capilla de la cabecera es radial.
La decoración es muy escasa, apenas percibimos obstáculos visuales frente a lo decorativo.








Todas estas características vistas en Santa María del Mar son comunes dentro de la corriente del gótico más meridional desarrollado en Italia, Santa María Novella o Santa María dei Fiore, en el sur de Francia, Jacobinos de Toulouse o la Catedral de Albi, y en la Corona de Aragón, Catedrales de Barcelona, Valencia o Gerona e iglesias como Santa María del Pi o la Seo Zaragozana. Se aprecian claras diferencias con el gótico desarrollado en el norte de Europa, en su escasa altura y búsqueda de lo diáfano, en sus muros que no es necesario rasgarlos como era habitual en el gótico francés como Amiens o León, debido al clima, y para conseguir un grado de luminosidad semejante, que identifica a Dios con la luz, según el neoplatonismo y a la propia catedral como una nueva Jerusalén Celeste. Al no necesitar tantos vanos todo el sistema de sujeción de arbotantes y pináculos del gótico clásico son innecesarios.








La portada nos muestra a un Cristo sedente enseñando las llagas rodeado por la Virgen María y por San Juan Bautista en el tímpano, arco apuntado abocinado con sendas esculturas sobre peana de San Pedro y San Pablo en los laterales. Destacar el rosetón de estilo gótico flamígero del siglo XV.


Gárgolas de los contrafuertes 


  • Todas las fotografías son de Fran Canoura

16 nov 2012

Santa Cristina de Ribas de Sil

 Santa Cristina de Ribas de Sil construíuse entre finais do século XII e comezos do século XIII e representa un dos mellores exemplos do románico rural galego. O conxunto monástico pertenceu á orde benedictina e está formado polo templo románico e unha serie de dependencias dispostas nos corredores cubertos, en torno ao patio claustral.











Posúe planta de cruz latina con nave única lonxitudinal e un transepto que se cruza formando o cruceiro.

O primitivo corpo románico da nave foi substituido por unha nave lonxitudinal dividida en cinco tramos, no primeiro tercio do século XIII, xustificando o cambio hacia o estilo gótico, fundamentalmente arcos faxóns lixeiramente apuntados, que se corresponden exteriormente con contrafortes.


A cabeceira ten tres ábsidas smicirculares. Está orientada cara o leste e a entrada cara o oeste, seguindo a simboloxía cristiá entrando nas Tebras, do pecado, cara a luz, símbolo de Deus. As ábsidas albergan tres capelas, a maior decorada con pinturas de finais do século XVI.

                            


A fachada está dividida en dous corpos; a portada, similar á parte sur da Catedral de Ourense, está formada por arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos humanos e vexetais. O frontón é completamente liso, sen decoración algunha.

                                                

O corpo superior da fachada posúe un rosetón románico calado con arquiños lobulados que tamizan a luz no interior.


A alta torre adosada ao costado da igrexa, atalaia privilexiada sobre o curso do río Sil, servía como punto de vixía e de defensa ademáis de torre campanario para chamar aos fiéis á oración. Está rematada en amea e cuberta en forma pirámidal, algo pouco usual.



As dependencias do mosteiro teñen unha disposición en ángulo recto, na actualidade pervive a primitiva portada románica que da entrada ao claustro. Posúe figuras sedentes cun libro aberto e no intrados, os catro símbolos dos evanxeístas: a aguia, o anxo, o touro e o león.





  • Todas as fotografías son de Fran Canoura.

10 may 2012

Casa Saboya

NOME: Casa Saboya
ARQUITECTO: Le Corbusier (Charles-Edouard Jeanneret)
CRONOLOXÍA: 1929-1931
ESTILO: Movemento moderno (Racionalismo funcional)
LOCALIZACIÓN: Poissy, Francia









O edificio semella unha gran caixa sostida por unhos pilotes de ferro cilíndricos, retranqueados con respecto ao perímetro exterior. Os piares forman un itinerario en forma de U, por donde poderíase acceder ata a mesma porta da casa en coche. A casa completamente pintada de blanco, está no centro dun amplo xardín que rodea todo o edificio.
A planta baixa ten o espacio interior reducido a unha forma de U, donde se encontran o garaxe e a zona de servicio. Unha rampla comunica coa primeira planta de vivenda, donde están as habitacións e unha terraza-xardín. Por encima unha azotea para tomar o sol.
Os 5 principios fundamentais que Le Corbusier enunciou no 1926 para definir a nova arquitectura, están aplicados na Casa Saboya.
  1. Planta libre.
  2. Pilotes.
  3. Libre formación da fachada.
  4. Fiestra (continua).
  5. Terrazas axardinadas.

Despois da II Guerra Mundial, Le Corbusier da un xiro á súa arquitectura e empeza a explorar e explotar as posibilidades do formigón armado. Concibía o edificio como un obxecto esculpido, como se pode apreciar na Igrexa Ronchamp, en Francia (1952).


Este mesmo concepto arquitectónico se pode apreciar na súa Unidade de habitación en Marsella (1947-1952), un colosal bloque de residencias sobre pilotes e rematado en terraza axardinada. Utilizaba Le Corbusier un cálculo de proporcións (o sistema Modulor), asegurando en todo momento a escala humana. Este modelo inauguraba unha nova expresividade, a arquitectura baseada no formigón.

Casa Kaufmann (Casa da Fervenza)

NOME: Casa Kaufmann (Casa da Fervenza)
AUTOR: Frank Lloyd Wright
CRONOLOXÍA: 1936-1939
ESTILO: Movemento moderno (Racionalismo organicista)
LOCALIZACIÓN: Bear Run, Pensilvania













A Casa Kaufmann, falling water tamén chamada ou Casa da Fervenza está asentada sen cimentos sobre as terrazas de rocha que flanquean o salto de auga. Para salvar este desnivel a casa está provista de tres terrazas, dispostas gradualmente. A planta baixa está directamente asentada sobre a rocha natural e se prolonga sobre unha impresionante terraza suspendida sobre a fervenza, dando a sensación de que o salto de auga xorde directamente do edificio.


O exterior integrado coa natureza invade o espacio e a propia construcción, a pedra das paredes semella as rochas do río.
A casa posúe grandes ventanais de aluminio e cristal que se abren ás terrazas prolongando o espacio interior na paisaxe.
No interior, a disposición  de cada andar é libre sen nengún condicionante que regule o propio espacio. A cheminea excavada na rocha é o punto neurálxico da casa.

17 abr 2012

Fachada do Obradoiro

NOME: Fachada do Obradoiro
ARQUITECTO: Fernando de Casas e Novoa
CRONOLOXÍA: 1738
ESTILO: Barroco Compostelán













A fachada do Obradoiro tiña tres condicionantes que o arquitecto Fernando de Casas e Novoa conseguiu resolver de forma maxistral: cubrir e protexer o románico Pórtico da Gloria, inserir o edificio no proxecto urbanístico de Santiago de Compostela e por último acoller a escalinata barroca xa existente.
O Pórtico da Gloria quedou maxistralmente oculto por un fronte de deseño piramidal, dividido en tres rúas por columnas de fuste estriado, dividido en dous niveis e con dúas torres a cada lado. A impresionante fachada desmaterialízase gracias ás grandes fiestras de reminiscencias góticas que cumpren tamén a función de iluminar o nártex da catedral que preside o Pórtico da Gloria.
A fachada do Obradoiro leva este nome pola súa elaborada e lixeira labra, comparable á labor dun ourive ou un plateiro. A fachada foi moi criticada polos seus contemporáneos pois lle achacaban ao arquitecto de ter ousadía artistica ao mezclar elementos clásicos con estructuras de inspiración medieval.

11 mar 2012

Baldaquino de San Pedro

NOME: Baldaquino de San Pedro
ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1624-1633
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Basílica de San pedro



















O baldaquino que Gian Lorenzo Bernini fixo na basílica de San Pedro é unha síntese de escultura e arquitectura que semella a un baldaquino utilizado nas procesións pero xigante, ten 29 m de altura. A base é de mármore e soporta catro retorcidas columnas salomónicas, helicoidales de bronce, inspiradas nas da antiga San Pedro paleocristiá, que á súa vez evocaban o templo de Salomón. O dosel, que foi deseñado por Borromini, está formado por catro xigantescas volutas. Rematan o globo terráqueo e a cruz, símbolos do triunfo de Cristo.
O seu carácter transparente e o seu dinamismo, xunto  coa cor escura e dourada do bronce crea un atractivo contraste co branco dos piares que sosteñen a cúpula.

7 mar 2012

Fachada de San Pedro do Vaticano

ARQUITECTO: Carlo Maderno
CRONOLOXÍA: 1607-1612
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Cidade do Vaticano, Roma













A comezos do século XVII, Carlo Maderno refixo a planta de cruz grega nunha planta de cruz latina, duplicando así a capacidade do templo, e construíu a nova fachada.
No exterior, a nave engadida á nova planta de cruz latina, distorsionou a visión da grandiosa cúpula. Maderno fixo unha fachada horizontal, nos extremos estaban previstos dous campanarios que enmarcarían a cúpula, pero ao non realizarse desequilibraron un pouco o conxunto. Utilizou unha orde xigante de pilastras e semicolumnas corintias que miden dous pisos; seguidamente un entaboamento e un ático coronado por unha balaustrada. O eixe central da fachada lixeiramente avanzado está coronado por un pequeno frontón.
Maderno con esta fachada cumpriu as espectativas da Contrarreforma; posue un papel propagandístico que nos remite á magnificencia da Igrexa.

Praza do Vaticano

NOME: Columnata da praza de San Pedro do Vaticano
ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1656-1667
LOCALIZACIÓN: Cidade do Vaticano, en Roma
ESTILO: Barroco











exterior
O deseño de Bernini salvou as esixencias que tiña a basílica de San Pedro, que era o máximo símbolo do cristianismo. A praza debería acoller a un gran número de peregrinos e permitir desde calquera punto da praza ter unha perfecta visión do Papa, durante a bendición do urbi et orbi; converter en punto central o obelisco que o Papa Sixto V situara en liña coa fachada, salvar os desniveis do terreo e con todo debería ter un significado especial pois era a sede da igrexa universal.
Bernini fixo unha primeira praza con dous brazos rectos e lixeiramente converxentes que se abren nunha gran praza elíptica; así permitiría a todos os fieis ver ao papa desde calquera punto da praza. O desnivel do terreo foi salvado pola sucesión de terrazas. A forma dos dous brazos circulares simboliza a dous brazos abertos como acollida de toda a igrexa.




Cada un dos dous brazos ovalados contén catro filas de columnas e piares dóricos que forman tres rúas e sosteñen un entaboamento xónico pouco ortodoxo.
Por encima da columnata unha balaustrada que ten 140 estatuas de santos e mártires da igrexa.






Bernini xoga aquí nesta monumental praza cunha serie de recursos ópticos conseguindo así acentuar a altura da fachada e converter así a cúpula de Miguel Anxo na cabeza da cristiandade, que era o que se pretendía; é decir no eixe visual dominante. A escasa altura da columnata e a solidez das columnas dóricas realzan a verticalidade da fachada.









5 mar 2012

San Lourenzo do Escorial

NOME: San Lourenzo do Escorial
ARQUITECTOS: Juan Bautista de Toledo e Juan de Herrera
CRONOLOXÍA: 1563-1584
LOCALIZACIÓN: El Escorial, Madrid
ESTILO: Renacentismo manierista











Juan Bautista de Toledo colaborou con Miguel Ángel na basílica de San Pedro do Vaticano. Felipe II involucrouse no proxecto de San Lourenzo do Escorial e tomou decisións que non eran compartidas polos seus arquitectos.


exterior
O exterior como se pode observar é sólido, hermético con miles de fiestras de forma cadrada sen molduras nin cornixas que se suceden pola fachada de granito con catro torres en cada un dos extremos.
As cubertas son de lousa negra rematadas con bolas e chapiteis que rematan en forma piramidal propia da arquitectura dos Austrias. Na fachada principal rompe coa austeridade, adiantando lixeiramente un corpo formado por un dobre andar de columnas dóricas xigantes rematado nun frontón.

planta

A planta está caracterizada pola unidade e a simetría, de estructura cuadrangular está dividido por unha reticula semellando a unha grella.
Dividido en dúas partes claramente delimitadas un eixe central que parte da fachada principal e prolóngase ata o patio dos Reis.


Patio dos Reis




                                   




A ambos lados deste eixe, ao norte: o palacio público para a corte e as dependencias do seminario e do colexio universitario, ao sur, o espléndido claustro dos Evanxelistas e o convento.

claustro dos Evanxelistas







A simetría está presente en todo o conxunto arquitectónico, o convento, por exemplo segue un esquema típico cruciforme con catro claustros chamados Patios Chicos.

interior
A igrexa, é o punto neurálxico de todo o conxunto. Está inspirada na primeira basílica de San Pedro do Vaticano e posue planta de cruz grega con cúpula que sobresae de todo o conxunto. A ábsida é cadrada e está unida as dependencias privadas de Felipe II.
A fachada é dórica con seis semicolumnas de orde xigante que se corresponden no andar superior cos soportes-pedestais das seis esculturas dos reis de Israel -patio dos reis-. Todo isto está rematado cun frontón roto por un gran van.
O claustro dos Evanxelistas é unha doble galería con columnas adosadas clásicas, inspirado nos patios romanos. O xardín e o seu trazado simboliza o Edén e no centro a fonte dos Evanxelistas.


6 feb 2012

Cúpula de San Pedro do Vaticano

NOME: cúpula de San Pedro do Vaticano
ARQUITECTO: Miguel Anxo
CRONOLOXÍA: 1546
LOCALIZACIÓN: Roma
ESTILO: Cinquecento


















Miguel Anxo sempre dicía que a arquitectura non era o seu, a pesar disto o Papa encargoulle a culminación das obras de San Pedro. Miguel Anxo retomou o proxecto inicial de Bramante e se basou na planta de cruz grega, pero reforzando os elementos constructivos para levantar a maxestuosa cúpula de 131 m, rexeitando a idea bramantina de repetir a cúpula do Panteón, en favor da idea brunellesciana de Santa María.

A cúpula nervada do xenio italiano foi a evolución do modelo de doble cascarón florentino, circular e ovalada en lugar de apuntada con curvatura lixeiramente achatada todo coronado por unha linterna.
A cúpula ten grandes dimensións, con 42 m de diámetro, está elevada sobre pendentes e posue un grande tambor. Sostida por catro grandes piares ochavados que delimitan o espacio central e sirven de contrarresto ao macizo tambor, caracterizado por catro ábsidas, e á maneira bizantina con catro cúpulas adxacentes.



O exterior magnífico con ese orde xigante ideado por Miguel Anxo. O muro exterior reforzado por doble pilastra corintia tamén de orde xigante con balcóns e fiestras.










San Pietro in Montorio

NOME: San Pietro in Montorio
ARQUITECTO: Donato Bramante
CRONOLOXÍA: 1502
LOCALIZACIÓN: Roma
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)


















exterior
O perístilo, columnata que rodea ao edificio, está composto por dezaseis columnas de orde toscana sobre unha base soportando un entaboamento clásico, composto por arquitrabe, friso e cornixa. O friso está dividido en triglifos e metopas con baixorrelevo de imaxes dos instrumentos do martirio de San Pedro.
Esta primeira concepción clásica da paso ao segundo andar á concepción renacentista. Unha balaustrada que rodea o edificio e lle confire lixeireza e transparencia fronte á robustez das columnas do andar inferior.
O andar superior semellante a un tambor con fiestras abertas, cegas e con nichos en forma de semicúpula coronadas con cunchas.
Coroa todo o conxunto unha cúpula nervada de media esfera, ditos nervios confluen nunha linterna que remata nunha cruz.
A cella que é de planta circular, posue pilastras pegadas á parede e ten pequenas dimensións.

Este pequeno templo foi financiado polos Reis Católicos para conmemorar o martirio de San Pedro símbolo da fundación da igrexa. O templo álzase sobre a roca onde supostamente según a tradición foi martirizado o santo.
A súa forma circular, obedece á crenza neoplatónica implantada por Marsilio Ficino, que afirmaba que a Deus lle correspondía a forma circular, a máis perfecta. Este templo converteuse así, en modelo de templo platónico ideal, facendo referencia á divinidade e o tránsito do mundo terreal ao celeste a través da súa cúpula.
Con estas premisas, dous anos despois, Rafael pintaría o seu cadro Os desposorios da virxe, que posúe un templo circular coas mesmas características que o pequeno templo Bramantino.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...