6 feb 2012

San Pietro in Montorio

NOME: San Pietro in Montorio
ARQUITECTO: Donato Bramante
CRONOLOXÍA: 1502
LOCALIZACIÓN: Roma
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)


















exterior
O perístilo, columnata que rodea ao edificio, está composto por dezaseis columnas de orde toscana sobre unha base soportando un entaboamento clásico, composto por arquitrabe, friso e cornixa. O friso está dividido en triglifos e metopas con baixorrelevo de imaxes dos instrumentos do martirio de San Pedro.
Esta primeira concepción clásica da paso ao segundo andar á concepción renacentista. Unha balaustrada que rodea o edificio e lle confire lixeireza e transparencia fronte á robustez das columnas do andar inferior.
O andar superior semellante a un tambor con fiestras abertas, cegas e con nichos en forma de semicúpula coronadas con cunchas.
Coroa todo o conxunto unha cúpula nervada de media esfera, ditos nervios confluen nunha linterna que remata nunha cruz.
A cella que é de planta circular, posue pilastras pegadas á parede e ten pequenas dimensións.

Este pequeno templo foi financiado polos Reis Católicos para conmemorar o martirio de San Pedro símbolo da fundación da igrexa. O templo álzase sobre a roca onde supostamente según a tradición foi martirizado o santo.
A súa forma circular, obedece á crenza neoplatónica implantada por Marsilio Ficino, que afirmaba que a Deus lle correspondía a forma circular, a máis perfecta. Este templo converteuse así, en modelo de templo platónico ideal, facendo referencia á divinidade e o tránsito do mundo terreal ao celeste a través da súa cúpula.
Con estas premisas, dous anos despois, Rafael pintaría o seu cadro Os desposorios da virxe, que posúe un templo circular coas mesmas características que o pequeno templo Bramantino.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...