7 feb 2012

David




TÍTULO: David
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1501-1504
MATERIAL: bronce
LOCALIZACIÓN: Academia de Florencia


Miguel Anxo recibiu o encargo de facer o heroe do Antigo Testamento a partir dun bloque de mármore de gran altura e moi estreito, unha peza que permanecera durante corenta anos no patio de obras da catedral.
A estatua colosal representa ao David como un atleta novo, espido e musculoso, con mirada intensa e penetrante, fixa na distancia, esperando divisar a Goliat; na súa man dereita sostén a pedra coa cal derrubará ao xigante e coa esquerda sostén a funda.
Co seu David, Miguel Anxo superou a escultura da antigüididade ao fusionar a harmonía e a beleza clásicas, coa expresión, o significado e o sentimento.
O corpo está sometido a unha gran tensión que aúna coa perfección clásica; a cabeza está sobredimensionada; a mirada é expectante e segura; o vigor concentrado na súa man robusta, cun tamaño tamén esaxerado que a fan máis poderosa; a disposición en zigzag do corpo.

Todo isto constitúe a súa famosa terribilitá, que o separan dos canóns clásicos e o acercan á expresividade. Incluso as extremidades, expresan toda a tensión dinámica dun corpo vigoroso. O leve xiro da cabeza permitiulle ao autor evitar a frontalidade e invitar ao espectador a rodear a figura.
O éxito do david foi tan grande que decidiron colocalo na plaza da Signoria en lugar da catedral, converténdose así nun símbolo político da cidade de Florencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...