TÍTULO: Amor sacro e amor profano
AUTOR: Tiziano Vecellio
CRONOLOXÍA: 1515-1516
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Galería Borghese, Roma
Tiziano representa unha escena con tres figuras: dúas mulleres e un neno aoredor dunha fonte de pedra con gran decoración, situados nunha paisaxe con iluminación provocada por unha posta de sol. As mulleres, de beleza renacentista, son de similares características.
A obra foi un encargo de Nicoló Aurelio, secretario do Consello dos Dez da República de Venecia, cuxo escudo de armas aparece na fonte do centro da imaxe.
Observamos a unha doncela ricamente vestida, probablemente de noiva, que está sentada xunto a Cupido e xunto á Deusa Venus. Os detalles que nos suxiren que é unha noiva son: pelo solto decorado cunha coroa de mirto, planta sagrada de Venus, velo transparente sobre os ombreiros, rosas na súa man dereita, e cinturón, símbolo da castidade. A muller vestida suxeita coas súas mans unha vasixa chea de ouro e xemas, que simbolizan a efímera felicidade da terra e a deusa, espida sostén unha lámpada coa chama ardendo de Deus, simboliza a felicidade eterna do Ceo.
É unha escena alegórica influida polo neoplatonismo renacentista de Marsilio Ficino, según a cal a beleza terreal é un reflexo da beleza celestial.
Esta interpretación está encabezada por o historiador da arte, Panofski, que nos referencia a unha escena fundametada nos conceptos neoplatónicos renacentistas do amor humano (Venus Vulgaris) en contraposición do amor divino (Venus Coelestis).
Tiziano nesta obra utiliza os tonos nacarados, cunha cor vívida e luminosa a través dunha pincelada solta e unha delicadeza nas modulacións cromáticas que realzan a riqueza e sensualidade das personaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario