Mostrando entradas con la etiqueta mosteiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mosteiros. Mostrar todas las entradas

16 nov 2012

Santa Cristina de Ribas de Sil

 Santa Cristina de Ribas de Sil construíuse entre finais do século XII e comezos do século XIII e representa un dos mellores exemplos do románico rural galego. O conxunto monástico pertenceu á orde benedictina e está formado polo templo románico e unha serie de dependencias dispostas nos corredores cubertos, en torno ao patio claustral.











Posúe planta de cruz latina con nave única lonxitudinal e un transepto que se cruza formando o cruceiro.

O primitivo corpo románico da nave foi substituido por unha nave lonxitudinal dividida en cinco tramos, no primeiro tercio do século XIII, xustificando o cambio hacia o estilo gótico, fundamentalmente arcos faxóns lixeiramente apuntados, que se corresponden exteriormente con contrafortes.


A cabeceira ten tres ábsidas smicirculares. Está orientada cara o leste e a entrada cara o oeste, seguindo a simboloxía cristiá entrando nas Tebras, do pecado, cara a luz, símbolo de Deus. As ábsidas albergan tres capelas, a maior decorada con pinturas de finais do século XVI.

                            


A fachada está dividida en dous corpos; a portada, similar á parte sur da Catedral de Ourense, está formada por arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos humanos e vexetais. O frontón é completamente liso, sen decoración algunha.

                                                

O corpo superior da fachada posúe un rosetón románico calado con arquiños lobulados que tamizan a luz no interior.


A alta torre adosada ao costado da igrexa, atalaia privilexiada sobre o curso do río Sil, servía como punto de vixía e de defensa ademáis de torre campanario para chamar aos fiéis á oración. Está rematada en amea e cuberta en forma pirámidal, algo pouco usual.



As dependencias do mosteiro teñen unha disposición en ángulo recto, na actualidade pervive a primitiva portada románica que da entrada ao claustro. Posúe figuras sedentes cun libro aberto e no intrados, os catro símbolos dos evanxeístas: a aguia, o anxo, o touro e o león.





  • Todas as fotografías son de Fran Canoura.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...