Mostrando entradas con la etiqueta escultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escultura. Mostrar todas las entradas

3 oct 2016

Victoria de Samotracia







































TÍTULO: Victoria de Samotracia.
AUTOR: desconocido.
CRONOLOXÍA: h 190 a. C.
ESTILO: helenístico


A Victoria de Samotracia, mascarón de proa, é "unha obra mestra do tempo e do azar", según palabras de Malraux. Esta escultura acéfala, privada dos brazos e coa ala dereita truncada e reconstruida con xeso nunha posición errónea, conservou o sea matiz lírico. O corpo tenso que debuxa unha diagonal, cos ropaxes pegados pola néboa mariña, desta Niké parece resistir ao vento desde o seu alto promontorio.
A súa función orixinal puido ser; ex voto conmemorativo dunha victoria naval ou estatua invocada polos mariñeiros para evitar naufraxios. 

27 sept 2016

Características da escultura grega



    




     - Busca da beleza: proporción e equilibrio das  partes (canon).   

     - Naturalismo; imitar a realidade (mímese).

     - Estudio do corpo humano. Antropocentrismo.

     - Materiais: pedra (mármore) e bronce.

     - Esculturas policromadas.

10 may 2012

Fonte

TITULO: A fonte
AUTOR: Marcel Duchamp
CRONOLOXÍA: 1917
ESTILO: Dadaísmo
LOCALIZACIÓN: Philadelphia Museum of Art
















Cos seus ready-mades, Marcel Duchamp penetrou nunha arte baseada nas ideas, anticipando o que se chamaría arte conceptual. O ready-made, nome inventado polo propio Duchamp, é un obxecto de uso cotidiano que cunha mínima intervención por parte do artista e a conseguinte descontextualización o converten en obra de arte.


En 1913, realizou o seu primer ready-made, Roda de bicicleta, ensamblando unha roda de bicicleta a unha cadeira de cociña.
En 1917, Marcel Duchamp presentou como unha escultura, na exposición da Sociedade de Artistas Independentes de Nova York, un urinario volto do revés que levaba o título de Fonte e que estaba asinado como R. Mutt. O comité da exposición considerou o feito como un escándalo e rexeitou a escultura, pero pouco tempo despois converteuse nunha peza emblemática do dadá en Nova York e da arte do século XX.

17 abr 2012

Cristo xacente

TÍTULO: Cristo xacente
AUTOR: Gregorio Fernández
CRONOLOXÍA: 1614
ESTILO: Barroco español
TÉCNICA: Talla
LOCALIZACIÓN: Museo Nacional de Escultura, Valladolid



Gregorio Fernández está considerado como o máximo exponente da escola vallisoletana e tamén responde a un novo tipo de escultura dentro da imaxinería. Por primeira vez, o corpo de Cristo, non aparece relacionado coa cruz, nin cos seus verdugos, nin coa súa nai ou outros persoaxes do seu tormento.

composición
O cadaver de Cristo está espido, tendido e coa cabeza ladeada nunha almofada. Os signos do súa pasión todavía está recentes e son observables; a ferida do costado, o sangue que brota dos xeonllos e a fronte, os ollos entrepechados, os cabelos rizados e húmidos da suor, a boca aberta cos dentes.
O corpo é producto dun minucioso estudio anatómico, o que non impide a suavidade da súa modelaxe e algún detalle naturalista como as costelas visibles e marcadas e o seu esternón. A maestría de Gregorio Fernández é apreciable nas dobras da saba e tamén na utilización da policromía que acentúa o patetismo como se observa nos xeonllos e nos negróns dos pés.

12 mar 2012

Éxtase de Santa Teresa

TÍTULO: Éxtase de Santa Teresa
AUTOR: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1647-1652
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Capela Cornaro de Santa María della Vittoria, Roma


















Bernini en este grupo escultórico aúna escultura, pintura e arquitectura para formar un maxistral espacio escenográfico. A capela recorda cos seus materiais un teatro no que un nicho sobre o altar fai de escenario. Sobre unha nube, Santa Teresa entra en éxtase e espera que o anxo co seu enigmático sorriso traspase o seu corazón cunha lanza de lume. O éxtase da santa cristaliza no seu corpo desmaiado, no abandono dos pés e as mans, a cabeza hacia atrás, os ollos pechados, o nariz e a boca entreabertas.
Froito da preocupación da luz por Bernini, a escena está iluminada excepcionalmente a través dunha fiestra de cristal amarelo oculta creando a ilusión do sol. Os raios semellan proceder da mesma bóveda que recrea o paraíso, co Espírito Santo.

Apolo e Dafne

TÍTULO: Apolo e Dafne
AUTOR: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1622-1625
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Talla
MATERIAL: Mármore
LOCALIZACIÓN: Galería Borghese






























tema
Trátase do mito de Apolo e Dafne, a ninfa convértese en laurel para escapar de Apolo.

composición
No seu conxunto o grupo escultórico está tratado como un modelo da antigüidade, con criterios de idealización clásica. De todos modos o movemento non pode ser máis realista. Bernini nos demostra como se atreveu a representar o movemento inherente á propia metamorfose, captando tamén a fugacidade do instante.
Bernini dunha forma sutil retrata aos pesonaxes psicolóxicamente; Dafne xírase de forma aterrorizada ao sentir a man de Apolo que consegue atrapala, pero sin darse conta da transformación en laurel. Apolo mostra unha expresión estupefacta ao percibir o cambio.
Trátase dunha escultura exenta pero para ser vista desde un punto de vista privilexiado, concepción pictórica e renacentista, segun o cal unha acción debe representarse desde unha perspectiva única.
Bernini estaba tamén interesado no potencial dramático da luz, traballou os corpos pulindo partes para que a luz as iluminase e deixando a medio pulir outras para que a luz se concentrase e así incidir na tensión emocional.
En ningunha outra ocasión chegou tan lonxe no virtuosismo do tratamento da pel e das texturas.

11 mar 2012

Baldaquino de San Pedro

NOME: Baldaquino de San Pedro
ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1624-1633
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Basílica de San pedro



















O baldaquino que Gian Lorenzo Bernini fixo na basílica de San Pedro é unha síntese de escultura e arquitectura que semella a un baldaquino utilizado nas procesións pero xigante, ten 29 m de altura. A base é de mármore e soporta catro retorcidas columnas salomónicas, helicoidales de bronce, inspiradas nas da antiga San Pedro paleocristiá, que á súa vez evocaban o templo de Salomón. O dosel, que foi deseñado por Borromini, está formado por catro xigantescas volutas. Rematan o globo terráqueo e a cruz, símbolos do triunfo de Cristo.
O seu carácter transparente e o seu dinamismo, xunto  coa cor escura e dourada do bronce crea un atractivo contraste co branco dos piares que sosteñen a cúpula.

13 feb 2012

Piedade Rondanini

TÍTULO: Piedade Rondanini
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1522/1553-1564
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Milán


















Miguel Anxo traballou nestra obra días antes da súa morte e aínda que está inacabada ata o punto de que as súas formas só se insinúan, a escultura afonda na verticalidade da composición e no alonxamento da linguaxe clasicista.
A Virxe está de pé, suxeitando a duras penas o corpo do seu fillo morto. As dúas figuras transmiten a unión total de Nai e Fillo e evocan o tema da Resurrección a través desa fusión entre ámbos corpos. Miguel Anxo preferiu nesta obra a expresión da idea máis que a forma. Miguel Anxo está moi cerca da escultura contemporánea.




Tumbas de Lourenzo e Giuliano de Medici


Lourenzo
                            

TÍTULO: Tumbas de Lourenzo e Giuliano de Medici
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1521-1534
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Sacristía nova de San Lourenzo de Florencia







        










Giuliano


Ámbos sepulcros ocupan paredes opostas da Sacristía Nova de San Lourenzo de Florencia e foron deseñados como sepulcros retablo, dispostos simétricamente, exhiben unha estructura pirámidal con dúas figuras alegóricas dispostas sobre cada sarcófago e a imaxe do defunto enriba.
Lourenzo e Giuliano posuen  rostros, que non son retratos pois a Miguel Anxo non lle interesaban os parecidos, idealizados semellantes a xenerais romanos. Lourenzo o Magnífico está sentado en pensativo silencio, acompañado polas alegorías que simbolizan as horas de transición (Aurora e Crepúsculo).
O seu irmán, Giuliano, o guerreiro, amósase atrevido, disposto á acción, flanqueado polas alegorías das horas positivas (noite e día).
As dúas alegorías masculinas teñen condición de inacabadas -non finito- e os corpos rotundos polas complexas posturas escapan dos ideais renacentistas e nos anticipan o manierismo.
Este conxunto escultórico cérrase coa Madonna dos Medici que está situada nunha terceira parede e que mantén unha singular relación con Lourenzo e Giuliano pois ámbos os dous miran hacia a Virxe, mantendo un singular contacto visual e espiritual.
                                        

7 feb 2012

David




TÍTULO: David
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1501-1504
MATERIAL: bronce
LOCALIZACIÓN: Academia de Florencia


Miguel Anxo recibiu o encargo de facer o heroe do Antigo Testamento a partir dun bloque de mármore de gran altura e moi estreito, unha peza que permanecera durante corenta anos no patio de obras da catedral.
A estatua colosal representa ao David como un atleta novo, espido e musculoso, con mirada intensa e penetrante, fixa na distancia, esperando divisar a Goliat; na súa man dereita sostén a pedra coa cal derrubará ao xigante e coa esquerda sostén a funda.
Co seu David, Miguel Anxo superou a escultura da antigüididade ao fusionar a harmonía e a beleza clásicas, coa expresión, o significado e o sentimento.
O corpo está sometido a unha gran tensión que aúna coa perfección clásica; a cabeza está sobredimensionada; a mirada é expectante e segura; o vigor concentrado na súa man robusta, cun tamaño tamén esaxerado que a fan máis poderosa; a disposición en zigzag do corpo.

Todo isto constitúe a súa famosa terribilitá, que o separan dos canóns clásicos e o acercan á expresividade. Incluso as extremidades, expresan toda a tensión dinámica dun corpo vigoroso. O leve xiro da cabeza permitiulle ao autor evitar a frontalidade e invitar ao espectador a rodear a figura.
O éxito do david foi tan grande que decidiron colocalo na plaza da Signoria en lugar da catedral, converténdose así nun símbolo político da cidade de Florencia.

Piedad do Vaticano

























TÍTULO: Piedad do Vaticano
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1498-1499
ESTILO:Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Basílica de San Pedro do Vaticano, Roma.


A piedad está composta por dúas figuras que conforman unha pirámide cerrada. A virxe está sentada e erguida e sostén o corpo morto de Xesucristo no seu colo. O corpo inerte de Xesucristo está encuadrado dentro do contorno debuxado polo corpo de María, conseguendo así a unión entre nai e fillo.
A mirada de María é baixa evitando dirixirse directamente hacia o espectador, cunha man sostén ao seu fillo e coa outra semella adoralo. O seu vestido en priegues actúa como base da pirámide.
O conxunto está tratado con unha contraposición entre a desnudez do corpo de Xesús e o vestido con ricos pregados da virxe María, tamén a pesadume da virxe apegada á terra e a levidade de Xesús que está tocando o chan co pé dereito.
Miguel Anxo tratou os rostros e os corpos con excelencia o que provocou opinións ao respecto como a de Vasari: Es un milagro que de una piedra, sin ninguna forma, exista tal perfección que la propia naturaleza a duras penas pueda formar en las carnes.
Miguel Anxo decidiu darlle á Virxe un aspecto xuvenil, máis axeitado á pureza da Nai de Deus. Con esta obra o autor sentiuse profundamente orgulloso do resultado e é a única obra firmada por él: Michael Angelus Bonarotus florentin faciebar, se lee na cinta que cruza o peito da Virxe.



"La Piedad, Vasari y Robert Hupka"

30 ene 2012

Gattamelata

AUTOR: Donatello
CRONOLOXÍA: 1444-1453
ESTILO: Renacemento (Quattrocento)
MATERIAL: bronce
















Il Gattamelata é un monumento ecuestre que está considerado o primeiro do Renacemento. O seu autor é Donatello e tomou como punto de partida a estatua ecuestre de o emperador Marco Aurelio e probablemente as efixies ecuestres que aparecían nas moedas romanas.
A persoaxe é Erasmo de Narni, xefe dos exércitos mercenarios que estaban ao servicio de Venecia, e é coñecida como Il Gattamelata, que significa "gata melosa". O Condottiero está en actitude relaxada sobre o seu cabalo, viste armadura típica da época con proteccións nos brazos e as pernas. Porta unha enorme espada que está enfundada e un bastón de mando de oficial romano portándolle ese aire triunfal e de poder que nunca obtivo en vida.
A estatua levántase sobre un gran zócalo de mármore que tamén é obra de Donatello, nos seus lados conta con portas de mármore recreando as portas do Hades, imitando aos sarcófagos da antigüidade.

David de Donatello

TÍTULO: David
AUTOR: Donatello
CRONOLOXÍA: 1444-1446
ESTILO: Renacemento (Quattrocento)
MATERIAL: bronce
LOCALIZACIÓN: Museo Nazionale del Bargello, Florencia































Vasari comentou referíndose ao David de Donatello que "...ese corpo é tan natural, vívido e delicado que os artistas lles parece que debe de ter sido moldeado sobre o corpo dunha persoa viva"

A naturalidade do corpo de David, grácil e adolescente é froito dunha composición moi estudiada. A perna dereita soporta o peso do corpo liviano, e a esquerda descansa sobre a cabeza de Goliat. O ángulo que forma coa perna que está libre é contrarrestado polo brazo que David apoia sobre a cadeira.
O corpo desnudo, só viste un sombreiro e calzas de pel, é realzado pola inclinación da cadeira e a posición casi erecta do tórax, utilizando e recreando a curva praxiteliana, dándolle movemento e sensualidade ao corpo de David.
Está feito en un bronce case negro e moi pulido o que lle serve para realzar as calidades do seu corpo xuvenil.



Todos os atributos que Donatello utilizou, como a espada, a pedra que garda nunha das súas mans e esa mirada de satisfacción sobre o seu trofeo, denotan coraxe e valentía.
O David de Donatello vai máis alá dunha sinple descripción dun relato bíblico, hai que observar o helmo e as ás de Goliat, claro referente aos duques de Milán que ameazaron continuamente a cidade de Florencia, tamén fai referencia a esta co sombreiro, típico dos campesiños florentinos.
Así, Florencia representada por David, máis pequeno, enfróntase á grande e poderosa Milán.














detalle da cabeza de Goliat
          


        




18 ene 2012

Anunciación e Visitación de Reims

NOME: Anunciación e Visitación de Reims
AUTOR: anónimo
CRONOLOXÍA: 1230-1260
ESTILO: arte gótico
ETAPA: escultura gótica de transición francesa











Os grupos escultóricos da Anunciación e A Visitación da xamba dereita da fachada occidental da catedral de Reims son a culminación iniciada nas grandes portadas das catedrais. As figuras ilustran o tránsito dunhas formas todavía influenciadas polo románico -a Anunciación- a outras formas influencidas polo naturalismo gótico -a Visitación-. As estatuas se liberan da súa condición de soporte arquitectónico e prácticamente están exentas.
A Anunciación está composta pola Virxe e un anxo que está a sorrir de rostro cheo de dulzura e ledicia, enmarcado polo pelo rizado, insinuando o movemento a partir dunha xesticulación dos brazos, sobresae o canon esbelto do corpo e o lixeiro contrapposto. Xunto a él, María exhibe un estilo máis severo e carece de expresión e as súas vestiduras modeladas superficialmente e con pregamentos rectos e angulosos fan destacar a súa verticalidade.
En contraposición o grupo da Visitación, o encontro de María e Isabel embarazadas, reflexa un gran dinamismo interno e nos remite á antigüidade, a súa factura revela o estilo de outro mestre fortemente influenciado pola estatuaria clásica. Ámbas figuras posúen a postura clásica do contrapposto; as cabezas se inclinan e xesticulan coas mans; os rostros expresivos e claramente diferenciados, a Virxe representada coma unha xove doncela, e a súa prima Isabel, máis madura e digna; as vestimentas modeladas e con pregamentos que envolven os corpos que se adiviñan por debaixo da roupa. Ámbas figuras comparten o espacio e interactúan entre si.
En canto á temática, á esquerda, o anxo anuncia a María que vai a concebir ao Fillo de Deus. Á dereita, poucos meses despois de recibir o anuncio de que sería nai, María, preñada de Xesús, viaxa hasta Xudea para visitar á súa prima Santa Isabel, que tamén está á espera dun fillo, a pesares da sáu presunta esterilidade e idade avanzada.


 

7 nov 2011

Augusto de Prima Porta



TÍTULO: Augusto de Prima Porta
AUTOR: Descoñecido (Comitente: senado de Roma)
CRONOLOXÍA: 19 a. C.
ESTILO: Romano Imperial
LOCALIZACIÓN: Museos Vaticanos, Roma













tema

Representación do emperador Augusto mentres arenga ao seu exército.



composición

O retrato de Augusto, aínda que o ensalza, representa claramente á persoa do emperador. Calquera romano o recoñecería pola súa presenza en moedas e representacións.
Está vestido cunha túnica sobre a cal exhibe unha coraza musculada con relevos e un paludamentum que rodea a súa cadeira e que sostén co brazo esquerdo. Ten o brazo dereito erguido en sinal de autoridade e arengando ao exército. Na man esquerda sostén o bastón consular.
Esta obra estaba pensada para estar colocada contra a parede, polo que todo se concentra no plano frontal. Os lados están pouco coidados e o dorso nin sequera está rematado.
Os pés están descalzos e obedecen á representación tradicional do mundo clásico dos deuses deificados. O golfiño de Venus con cupido resolve o problema de sustentación.

contido

Aparece representado como xefe do exército no momento do allocutio, a arenga ao exército. Na man dereita lucía unha coroa de victoria que lles amosaba ás tropas. A coraza con relevos, está representada a guerra entre partos e romanos, e formaban parte do programa rexenerador do Imperio. Pódese considerar como unha xustificación do seu expansionismo militar. Expresa un dos hitos superados, as guerras párticas, no cariño imperial que conducía á Paz Augusta. Según Pedro García Martín, esta propaganda oficial estaba destinada a soterrar á vella República e a educar ás novas elites no culto ao emperador.

O emperador Octavio fíxose retratar en todas as modalidades escultóricas: ecuestre, apoteósica, sacerdotal, togada, heroica e triunfal. O novedoso nesta estatua de xeneral victorioso é que volve a sua mirada ao canon grego do século V a.C. A armonía do rostro, as proporcións anatómicas do atleta, o drapeado do manto e o bastón consular son os símbolos do poder imperial. Pero están xa inspirados no Doríforo de Policleto, ou o que é o mesmo, sustitúen o realismo republicano polo idealismo helenizante.
O programa iconográfico da coraza reflexa a cosmovisión augusta. Na parte superior, o Ceo extiende o sea manto sobre o firmamento, nun de cuios bordes asoma a estrella da mañana. O xerro da Aurora verte o rocío matutino. O astro rei, o deus sol que é ponte de vida pola súa calidez, fui renacer cada día ao mundo e ás sas criaturas. Na parte inferior, flanqueados por Apolo e Diana -os deuses favoritos de Augusto-, a Nai Terra nutre a dous nenos e a súa cornucopia derrama a abundancia.
A victoria sobre os partos, valorouse como o paso decisivo hacia o estado universal de Augusto.
O cliente que encargou a estatuta, a súa esposa Livia, ou un grupo de senadores, instruiu ao escultor para que remarcase a orixe divina do primeiro emperador romano. Non leva calzado senon a desnudez dos heroes olímpicos. A figura de Eros a lombos dun delfín alude á ascendencia de Venus.




2 nov 2011

Apoxiomeno














AUTOR: Lisipo
CRONOLOXÍA: século IV a. C.
ESTILO: Grego clásico
MATERIAL: Bronce

O Apoxiomeno -o que quita o aceite de si mesmo-, representa a un atleta mozo, de pé e espido, que tras competir na palestra, quita do seu corpo o po coa strigilis (raedera). A escultura está lixeiramente inclinada e xira lixeiramente a cabeza para mirar ao lonxe. Ergue os brazos case á altura dos ombreiros e coa man esquerda despraza o strigilis pola parte anterior do brazo dereito. Os dou brazos están tensos, pero un dóbrase mentres o outro está estirado cara adiante. A figura está apoiada sobre a perna esquerda, pero a outra non está relaxada e situada cara atrás, senon que se despraza cara á dereita. O corpo aínda está sometido á lei da frontalidade, pero o brazo estendido invita a xirar en  torno a ela, dando múltiples visións.
A figura é froito da aplicación do novo canon de proporcións ideais proposto por Lisipo, a cabeza debía ser 1/8 do corpo.

Hermes de Olimpia

TÍTULO: Hermes con neno Dioniso
AUTOR: Praxíteles
CRONOLOXÍA: 340 a. C.
ESTILO: Grego clásico
MATERIAL: mármore
LOCALIZACIÓN: Templo de Hera en Olimpia







tema
Hermes sostén no brazo ao seu medioirmán Dioniso



composición
Calidade da modelaxe, flexibilidade das figuras e delicadeza das superficies; características todas elas da técnica do seu autor.
A curva praxiteliana, que foxe da liña vertical e estática e imprime lixeireza ás figuras, fai que Hermes se desprace do eixe vertical e forme un seductor S invertido que lle proporciona un sutil equilibrio entre movemento e repouso.
A elevación da cadeira fan que a escultura perda tensión e gañe sensualidade. A sinuosidade da figura destaca polo contraste da verticalidade de Dioniso e da túnica que amosa unha caída natural, moi real.

contido
Dioniso, divinidade do viño e fillo de Zeus e de Sémele, é sostido polo seu medioirmán Hermes, mensaxeiro dos deuses e fillo de Zeus e Maia, filla do titán Atlas.

1 nov 2011

Doríforo

TÍTULO: Doríforo
AUTOR: Policleto o Vello
CRONOLOXÍA: 440-430 a. C.
ESTILO: Grego clásico
















tema
O Doríforo é a imaxe idealizada dun mozo atleta que camiña coa lanza apoiada no ombro.




composición
Representación dun mozo espido, de pé, coa lanza no ombro esquerdo e en actitude de marcha.
A cabeza, ladeada cara á dereita, amosa un cabelo e un rostro sereno. O torso inscríbese nun gran rectángulo e tanto os pectorais, como as inguas, aparecen esaxeradas con liñas curvas, o cal non deixa de ser unha reminiscencia arcaica. As coxas, cilíndricas, acóplanse perfectamente ás inguas. Os brazos están despegados do corpo. A man dereita permanece aberta mentres o brazo esquerdo se dobra e cerra a man para coller a lanza.
O Doríforo camiña, apoia o pé dereito e disponse a mover o esquerdo. Equilibrio entre membros tensos e distendidos; este equilibrio compensado entre as partes da figura coñécese como contrapposto, contraposición entre unha parte tensa e outra relaxada, dándolle un equilibrio dinámico á figura.



contido
Esta obra é tamén coñecida como o Canon: Policleto considerou que a figura se achegaba ao sistema de proporcións ideais do corpo humano e a utilizou como exemplo no tratado que escribiu, o Canon.
As proporcións son as da altura da cabeza, que debía de ser sete veces maior que a do corpo.

"Polícleto de Sición, discípulo de Agélades, hizo el Diadúmeno, figura de un hombre joven, llena de suavidad (...) y el Dorífero, figura de niño, llena de vigor y denominada canon por los artistas que estudian sus formas como una especie de ley (...). También es autor de la estatua de un hombre que se está frotando, de un hombre desnudo que incita a jugar a los dados; de dos niños, asimismo desnudos, que juegan con los dados, a los que se les ha llamado Astrogalizontes, y están en el atrio del palacio del emperador Tito; la mayoría contemplan esta obra como la más perfecta que existe; de un Mercurio que estaba en Lisimaquia; de un Hércules Hegetera, que está en Roma, en actitud de tomar las armas; de la estatuta de Artenon, de sobrenombre Periphoteros. Pasa por haber perfeccionado el arte de cincelar en bajorrelieve, que Fidias había inventado. E él pertenece el haber imaginado la posibilidad de hacer sostener las estatuas sobre una sola pierna. Sin embargo, Varion dice que estas figuras son cuadradas y casi todas ellas hechas con el mismo patrón."
(Fuentes y Documentos para la Historia del Arte. vol.1. pág. 353).  

O Discóbolo

documentación xeral
TÍTULO: Discóbolo
AUTOR: Mirón
CRONOLOXÍA: 460-450 a. C.
ESTILO: Grego clásico








tema
Un atleta é captado no preciso instante no que vai a lanzar o disco




composición
Mirón imprimiulle gran dinamismo ao corpo do Discóbolo, elixindo o momento no que o atleta sitúa o disco cara atrás, paso previo e inmediato para lanzalo. O obxectivo do artista non era fiel á realidade; a postura responde máis á impresión de movemento que quería transmitir que á posición real que adoptaban os lanzadores de disco.
Grande esforzo do artista por distanciarse do hieratismo da época arcaica converténdose así no escultor do movemento.
Especial atención merece o estudio da tensión entre as diversas formas xeométricas que configuran o corpo. A composición está pensada a partir de triángulos e curvas: a cabeza, as cadeiras e os pés forman unha media circunferencia que se opón, en equilibrio precario, á outra media circunferencia que son os brazos estendidos. Tamén é apreciable unha liña en forma de zigzag que rompe con toda harmonía estática e que vai do disco ata a parte dereita das costas.

contido
A figura representa a un mozo na súa máxima plenitude física, o ideal atlético da época, a piques de lanzar o disco.
A escultura foi feita para crear a ilusión de movemento e non para amosar a técnica dos lanzadores da época.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...