ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1624-1633
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Basílica de San pedro
O baldaquino que Gian Lorenzo Bernini fixo na basílica de San Pedro é unha síntese de escultura e arquitectura que semella a un baldaquino utilizado nas procesións pero xigante, ten 29 m de altura. A base é de mármore e soporta catro retorcidas columnas salomónicas, helicoidales de bronce, inspiradas nas da antiga San Pedro paleocristiá, que á súa vez evocaban o templo de Salomón. O dosel, que foi deseñado por Borromini, está formado por catro xigantescas volutas. Rematan o globo terráqueo e a cruz, símbolos do triunfo de Cristo.
O seu carácter transparente e o seu dinamismo, xunto coa cor escura e dourada do bronce crea un atractivo contraste co branco dos piares que sosteñen a cúpula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario