13 mar 2012

O enterro de Cristo






































TÍTULO: O enterro de Cristo
AUTOR: Caravaggio
CRONOLOXÍA: 1599-1600
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Pinacoteca Vaticana

Esta obra de Caravaggio foi unha das poucas que suscitou un consenso unánime de aprobación, probablemente polas claras referencias a modelos da antigüidade e do século XVI, entre outros a Rafael.
Caravaggio imita a realidade, fiel ao real e tamén á representación a través da estatuaria antiga, como se pode apreciar no brazo caído sobre a pedra sepulcral, que estaba feito como se debía, según os contemporáneos de Caravaggio.
O corpo inerte de Cristo é sostido por San Juan e Nicodemo; tras eles aparecen a Virxe, a Magdalena e unha das pías mulleres, todo inmerso nun esquema piramidal que se cerra cos brazos estendidos e o atribulado rostro volto ao ceo dunha destas. O ángulo de pedra nun primeiro plano constitue de maneira ilusionista a base de todo o grupo escultórico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...