13 mar 2012

A vocación de San Mateo

TÍTULO: A vocación de San Mateo
AUTOR: Caravaggio
CRONOLOXÍA: 1599-1600
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: capela Contarelli, Roma

















Manifesto do realismo e do tenebrismo de Caravaggio. Cristo acompañado de San Pedro, aparece na estancia donde Mateo se ocupa das súas tarefas de recadador de impostos, rodeado de persoaxes arredor dunha mesa. Xesucristo sinala co seu brazo estendido e o seu dedo índice a Mateo.
O cadro é novidoso por varios aspectos; os personaxes están na metade inferior do lenzo mentres a parte superior aparece baleira; o raio de luz externo que ilumina en diagonal os rostros e que se centra no protagonista do cuadro; a procedencia do raio de luz non se sabe de donde procede e centra a atención do espectador; a escenificación pouco acorde co texto bíblico.
Por outra banda a luz é un recurso simbólico e estilístico utilizado por Caravaggio para evidenciar a discronía dos traxes modernos de Mateo e os seus compañeiros e os escasos atributos do apóstolo, e de Cristo, cuia cabeza está coronada polo resplandor dun sutil fío de ouro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...