Mostrando entradas con la etiqueta Bernini. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bernini. Mostrar todas las entradas

12 mar 2012

Éxtase de Santa Teresa

TÍTULO: Éxtase de Santa Teresa
AUTOR: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1647-1652
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Capela Cornaro de Santa María della Vittoria, Roma


















Bernini en este grupo escultórico aúna escultura, pintura e arquitectura para formar un maxistral espacio escenográfico. A capela recorda cos seus materiais un teatro no que un nicho sobre o altar fai de escenario. Sobre unha nube, Santa Teresa entra en éxtase e espera que o anxo co seu enigmático sorriso traspase o seu corazón cunha lanza de lume. O éxtase da santa cristaliza no seu corpo desmaiado, no abandono dos pés e as mans, a cabeza hacia atrás, os ollos pechados, o nariz e a boca entreabertas.
Froito da preocupación da luz por Bernini, a escena está iluminada excepcionalmente a través dunha fiestra de cristal amarelo oculta creando a ilusión do sol. Os raios semellan proceder da mesma bóveda que recrea o paraíso, co Espírito Santo.

Apolo e Dafne

TÍTULO: Apolo e Dafne
AUTOR: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1622-1625
ESTILO: Barroco
TÉCNICA: Talla
MATERIAL: Mármore
LOCALIZACIÓN: Galería Borghese






























tema
Trátase do mito de Apolo e Dafne, a ninfa convértese en laurel para escapar de Apolo.

composición
No seu conxunto o grupo escultórico está tratado como un modelo da antigüidade, con criterios de idealización clásica. De todos modos o movemento non pode ser máis realista. Bernini nos demostra como se atreveu a representar o movemento inherente á propia metamorfose, captando tamén a fugacidade do instante.
Bernini dunha forma sutil retrata aos pesonaxes psicolóxicamente; Dafne xírase de forma aterrorizada ao sentir a man de Apolo que consegue atrapala, pero sin darse conta da transformación en laurel. Apolo mostra unha expresión estupefacta ao percibir o cambio.
Trátase dunha escultura exenta pero para ser vista desde un punto de vista privilexiado, concepción pictórica e renacentista, segun o cal unha acción debe representarse desde unha perspectiva única.
Bernini estaba tamén interesado no potencial dramático da luz, traballou os corpos pulindo partes para que a luz as iluminase e deixando a medio pulir outras para que a luz se concentrase e así incidir na tensión emocional.
En ningunha outra ocasión chegou tan lonxe no virtuosismo do tratamento da pel e das texturas.

11 mar 2012

Baldaquino de San Pedro

NOME: Baldaquino de San Pedro
ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1624-1633
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Basílica de San pedro



















O baldaquino que Gian Lorenzo Bernini fixo na basílica de San Pedro é unha síntese de escultura e arquitectura que semella a un baldaquino utilizado nas procesións pero xigante, ten 29 m de altura. A base é de mármore e soporta catro retorcidas columnas salomónicas, helicoidales de bronce, inspiradas nas da antiga San Pedro paleocristiá, que á súa vez evocaban o templo de Salomón. O dosel, que foi deseñado por Borromini, está formado por catro xigantescas volutas. Rematan o globo terráqueo e a cruz, símbolos do triunfo de Cristo.
O seu carácter transparente e o seu dinamismo, xunto  coa cor escura e dourada do bronce crea un atractivo contraste co branco dos piares que sosteñen a cúpula.

7 mar 2012

Praza do Vaticano

NOME: Columnata da praza de San Pedro do Vaticano
ARQUITECTO: Gian Lorenzo Bernini
CRONOLOXÍA: 1656-1667
LOCALIZACIÓN: Cidade do Vaticano, en Roma
ESTILO: Barroco











exterior
O deseño de Bernini salvou as esixencias que tiña a basílica de San Pedro, que era o máximo símbolo do cristianismo. A praza debería acoller a un gran número de peregrinos e permitir desde calquera punto da praza ter unha perfecta visión do Papa, durante a bendición do urbi et orbi; converter en punto central o obelisco que o Papa Sixto V situara en liña coa fachada, salvar os desniveis do terreo e con todo debería ter un significado especial pois era a sede da igrexa universal.
Bernini fixo unha primeira praza con dous brazos rectos e lixeiramente converxentes que se abren nunha gran praza elíptica; así permitiría a todos os fieis ver ao papa desde calquera punto da praza. O desnivel do terreo foi salvado pola sucesión de terrazas. A forma dos dous brazos circulares simboliza a dous brazos abertos como acollida de toda a igrexa.




Cada un dos dous brazos ovalados contén catro filas de columnas e piares dóricos que forman tres rúas e sosteñen un entaboamento xónico pouco ortodoxo.
Por encima da columnata unha balaustrada que ten 140 estatuas de santos e mártires da igrexa.






Bernini xoga aquí nesta monumental praza cunha serie de recursos ópticos conseguindo así acentuar a altura da fachada e converter así a cúpula de Miguel Anxo na cabeza da cristiandade, que era o que se pretendía; é decir no eixe visual dominante. A escasa altura da columnata e a solidez das columnas dóricas realzan a verticalidade da fachada.









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...