Mostrando entradas con la etiqueta románico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta románico. Mostrar todas las entradas

15 ene 2015

Infografía II: San Clemente de Tahull



Cristo en maxestade, na ábsida , presidindo o conxunto da composición pictórica, característica habitual da arte románico catalán. Maiestas Domini o Pantocrátor, Deus desde a perspectiva máis sobrenatural da visión apocalíptica, aparece con todo o seu poder e toda a súa gloria para xulgar á toda a humanidade.
O Pantocrátor posúe dimensións sobrenaturais que representan "o ceo", Cristo está inscrito nunha mandorla perlada que simboliza o mundo e os seus pes reposan sobre a bola do mundo. Deus recórdanos cal é o seu papel, o de Deus lexislador, xuiz que domina o terrenal.
Cristo está frontal sobresaíndo da mandorla co brazo dereito levantado facendo o signo da bendición coa man con dous dedos á maneira grega, e co libro aberto á esquerda sobre o nocello. A alfa e a omega, primeira e derradeira letra do alfabeto grego simbolizan o principio e o fin e en consecuencia, Deus como creador e tamén como destructor. Sobre o libro a inscripción EGO LUX SUM MUNDI (yo soy la luz del mundo), luz como símbolo da verdade absoluta, do ben e do camiño para a salvación según o evanxelio de Xoan: "yo soy la luz del mundo, el que me sigue de ninguna manera andará en la oscuridad, sino que poseerá la luz de la vida" (Jn 8:12). A Dextera Domini, a man dereita de Deus indícanos a proteccción divina, a lexitimización do poder.
As figuras do tetramorfo, están inscritas en rodas ou círculos enlazados entre si. Iconografía relacionada coas visións do profeta Ezequiel: o home asociase a San Mateo, o león identifícase con Marcos. o touro sería Lucas e a águia estaría asociada á figura de Xoan. Ademáis dúas figuras simétricas flanqueando a composición representando un serafín e un querubín cada un con tres pares de alas e con seis ollos inscritos.

16 nov 2012

Santa Cristina de Ribas de Sil

 Santa Cristina de Ribas de Sil construíuse entre finais do século XII e comezos do século XIII e representa un dos mellores exemplos do románico rural galego. O conxunto monástico pertenceu á orde benedictina e está formado polo templo románico e unha serie de dependencias dispostas nos corredores cubertos, en torno ao patio claustral.











Posúe planta de cruz latina con nave única lonxitudinal e un transepto que se cruza formando o cruceiro.

O primitivo corpo románico da nave foi substituido por unha nave lonxitudinal dividida en cinco tramos, no primeiro tercio do século XIII, xustificando o cambio hacia o estilo gótico, fundamentalmente arcos faxóns lixeiramente apuntados, que se corresponden exteriormente con contrafortes.


A cabeceira ten tres ábsidas smicirculares. Está orientada cara o leste e a entrada cara o oeste, seguindo a simboloxía cristiá entrando nas Tebras, do pecado, cara a luz, símbolo de Deus. As ábsidas albergan tres capelas, a maior decorada con pinturas de finais do século XVI.

                            


A fachada está dividida en dous corpos; a portada, similar á parte sur da Catedral de Ourense, está formada por arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos humanos e vexetais. O frontón é completamente liso, sen decoración algunha.

                                                

O corpo superior da fachada posúe un rosetón románico calado con arquiños lobulados que tamizan a luz no interior.


A alta torre adosada ao costado da igrexa, atalaia privilexiada sobre o curso do río Sil, servía como punto de vixía e de defensa ademáis de torre campanario para chamar aos fiéis á oración. Está rematada en amea e cuberta en forma pirámidal, algo pouco usual.



As dependencias do mosteiro teñen unha disposición en ángulo recto, na actualidade pervive a primitiva portada románica que da entrada ao claustro. Posúe figuras sedentes cun libro aberto e no intrados, os catro símbolos dos evanxeístas: a aguia, o anxo, o touro e o león.





  • Todas as fotografías son de Fran Canoura.

19 dic 2011

Pórtico da Gloria

TÍTULO: Pórtico da Gloria
AUTOR: Mestre Mateo
CRONOLOXÍA: 1168-1188
ESTILO: Románico tardío
TÉCNICA: talla
MATERIAL: mármore e granito













"No ano 1188 da Encarnación do Señor, o mestre Mateo dirixiu a obra desde o comezo"

"Velaquí, un trono no ceo, e no trono, un sentado./ E arredor do trono había 24 tronos; e vin sentados nos tronos a vintecatro anciáns, vestidos de roupas brancas, con coroas de ouro nas súas cabezas./ E diante do trono había como un mar de vidro semellante ao cristal; e xunto ao trono, e arredor do trono, catro seres viventes cheos de ollos diante e detrás. O primeiro ser vivente era semellante a un león; o segundo era semallante a un becerro; o terceiro tiña rostro como de home; e o cuarto era semellante a unha aguia voando./ E sempre que aqueles seres viventes lle dan gloria e honra e acción de gracias ao que está sentado no trono, ao que vive polos séculos dos séculos, os vintecatro anciáns póstranse diante do que está sentado no trono, e adoran ao que vive polos séculos dos séculos" (Apocalipse de San Xoán).
                                                                                    


composición
O pórtico da Gloria forma parte do nártex da catedral, un reducido espacio de apenas 5 m de ancho que nos impiden a súa visión frontal. Trátase do nivel superior da cripta, ideada polo mestre Mateo para compensar o desnivel do terreo que había con respecto á praza exterior.
Dividido en tres partes que se corresponden coas naves da igrexa, posue máis de duascentas figuras dunha exquisita factura, que utilizando o horror vacui románico, enchen todos os elementos arquitectónicos: arquivoltas, tímpanos, columnas, capiteis.

O punto neurálxico de todo o programa é o parteluz, que o preside a estatua sedente do apóstolo Santiago, patrón da igrexa compostelá coroado por un nimbo de pedras engarzadas, apoiado nun báculo e cunha cartela na man.
                                                                                  




O tímpano principal recrea o Apocalipse: Cristo está no centro en maxestade, amosando as chagas, rodeado polos catro evanxelistas cos seus símbolos; a arquivolta amosa os anciáns do Apocalipse, sobre o dintel, uns arcanxos portan os símbolos da paixón; nos espacios curvos están os elixidos -as doce tribus de Israel e a corte celestial-.









detalle do vintecatro anciáns




detalle dos arcanxos

Nas xambas, un magnífico conxunto de profetas e apóstolos que conversan entre eles.




As xambas simbolizan os fundamentos da cidade descrita por San Xoán, as columnas son o Antigo Testamento -profetas- e o Novo Testamento -apóstolos-. Nos profetas, un apesadumbrado Xeremías sufre polas súas profecías; Daniel está sorrindo pola chegada do Salvador; Isaías sostén un pergamiño; e Moisés levanta as táboas da Lei. Nos Apóstolos, está San Pedro -como sumo pontífice- coas chaves do reino de Deus; San Paulo descalzo; e San Xoán en pé sobre un aguia.

A arcada esquerda está dedicada á Lei de Moisés e a da dereita está dedicada ao Xuízo Final.
En conxunto posue o Pórtico da Gloria unha gran unidade estilística e un dominio técnico que se pode relacionar coa Antigüidade clásica -proporción e elegancia no detalle-.
Estéticamente, o mestre Mateo, rompe co románico no tratamento individualizado das personaxes -rostro e cabelos-, aproximándose ao retrato. Todas as figuras posuen un marcado dinamismo, principios de movemento, que se separan cada vez máis da rixidez románica.




    
                                                                                  
      

13 dic 2011

Portada de Platerías

NOME: portada de Platerías
ARQUITECTO: maestro Esteban
CRONOLOXÍA: 1103
LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela
ESTILO: románico













Trátase dun dos primeiros exemplos de portadas historiadas na Península, a porta de Platerías, situada na parte sur do transepto, presenta un extraordinario conxunto escultórico cunha decoración que non só se limita aos tímpanos.
A portada estructúrase en dous corpos. No corpo central inferior observamos dúas portas abocinadas con tres arquivoltas cada unha sobre columnas acodadas, con tímpano semicircular, sobre os arcos exténdese un friso continuo. No segundo corpo ábrense dúas ventás con arcos polilobulados de influencia hispanoárabe.
Un incendio na fachada románica norte (Azabachería) provocou esa apariencia caótica que posue na actualidade pois algunhas das esculturas da citada fachada norte foron adosadas ao conxunto.
A porta de Platerías estaba dedicada á Redención, destacando a doble natureza de Cristo, a humana e a divina.





No tímpano da dereita, móstrase a natureza humana de Cristo, cunha serie de escenas como o "anuncio aos pastores", ou a "adoración dos Magos" na parte superior do mesmo, e o "prendemento", o "Cirineo", a "flaxelación" e a "coronación de espiñas" na parte inferior, como exemplos da súa humanidade.









No tímpano da esquerda, móstrase a natureza divina de Cristo, resistindose ás tentacións demoníacas e acompañado dunha serie de anxos, episodio que reflexa a súa estancia no deserto. Na parte inferior aparece unha enigmática muller de longos e alborotados cabelos, vestida con lixeira túnica transparente, recordo quizá dos panos mollados, sostendo entre as mans unha caveira. Hai autores que a consideran unha representación de Eva, aludindo así ao pecado orixinal, outros en cambio creen que o significado habería que buscalo no propio Códice Calixtino.
No friso, a continuación, aparecen as figuras do "Salvador" e os "Apóstolos" e unha serie de placas adosadas que pertencen a escenas do Xénese como a "creación de Adán" ou a "expulsión do paraíso". No lateral da porta esquerda, encóntrase unha das xoias da escultura románica española de principios do século XII, a imaxe do rei "David" cunha especie de laúd, sedente e coas pernas cruzadas que nos recorda a outras esculturas románicas de catedrais francesas.

8 dic 2011

Catedral de Santiago de Compostela

NOME: Catedral de Santiago de Compostela
ARQUITECTO: descoñecido (Comitente: Diego Peláez -1075-1087-; Diego Xelmírez -1100-1128-)
CRONOLOXÍA: 1075-1128
LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela (Galicia)
ESTILO: Románico













Neste templo finaliza o camiño de peregrinación establecido polos monxes de Cluny. O edificio está claramente inspirado nos grandes templos de peregrinación franceses, posue reminiscencias asturianas e mudéxares e é a obra cumio da arquitectura románica española.
Os comitentes foron os dous bispos catedralicios pero é perceptible mencionar aos mestres franceses Bernardo e Roberto, e os seus discípulos, mestre Estevo e Bernardo o Mozo.


planta e interior
Unha das maiores igrexas de peregrinación do camiño introduce dimensións monumentais con respecto a outras hispánicas.
A planta de cruz latina, simétrica e regular. Ten tres naves lonxitudinais, precedidas por un nártex, cun gran transepto dividido tamén en tres naves, soportando catro absidiolos nos brazos  e rematando en dúas grandes portas. A cabeceira posue un deambulatorio con cinco capelas radiais.

No interior prima a sensación de verticalidade e esveltez, a nave central ten 22 m de altura e está cuberta por bóveda de canón con arcos faxóns, nas naves laterais posue bóvedas de aresta e de cuarto de canón na tribuna.





O alzado a dous niveis está moi desenvolvido, en primeiro término as arcadas e en segundo unha tribuna. O primeiro nivel posue arcos de medio punto que descargan sobre piares cruci formes con columnas pegadas en todas as súas caras, estos arcos soben ata o arranque dos arcos faxóns das bóvedas dividíndoas en diferentes tramos.
A tribuna é, xunto ao deambulatorio, unha novidade que caracteriza ás igrexas de peregrinación. Tribuna, deambulatorio e transepto permitía aos peregrinos visitar todo o templo sen interferir na celebración dos oficios. A tribuna de Santiago é elevada e profunda con vans a cada lado, no lado da nave central posue arcos xeminados.




contido
A catedral compostelana era a meta do camiño de Santiago, unha das rutas de peregrinación máis importantes da idade media. En santiago surxiu a necesidade de construir un templo capaz de dar cabida á cantidade de peregrinos que se acercaban a Santiago a venerar o sepulcro do apóstolo. A súa construcción iniciouse no 1075, durante o reinado de Afonso VI (1040-1109) e baixo a dirección do bispo, Diego Peláez. As obras foron interrompidas hacia o ano 1088 e non se retomaron ata que foi bispo Diego Xelmírez (1068-1139/40), hacia o ano 1100. Foi consagrada no 1105 e á morte de Xelmírez no 1140 practicamente estaba rematada.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...