ARQUITECTO: descoñecido (Comitente: Diego Peláez -1075-1087-; Diego Xelmírez -1100-1128-)
CRONOLOXÍA: 1075-1128
LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela (Galicia)
ESTILO: Románico
Neste templo finaliza o camiño de peregrinación establecido polos monxes de Cluny. O edificio está claramente inspirado nos grandes templos de peregrinación franceses, posue reminiscencias asturianas e mudéxares e é a obra cumio da arquitectura románica española.
Os comitentes foron os dous bispos catedralicios pero é perceptible mencionar aos mestres franceses Bernardo e Roberto, e os seus discípulos, mestre Estevo e Bernardo o Mozo.
planta e interior
Unha das maiores igrexas de peregrinación do camiño introduce dimensións monumentais con respecto a outras hispánicas.
A planta de cruz latina, simétrica e regular. Ten tres naves lonxitudinais, precedidas por un nártex, cun gran transepto dividido tamén en tres naves, soportando catro absidiolos nos brazos e rematando en dúas grandes portas. A cabeceira posue un deambulatorio con cinco capelas radiais.
O alzado a dous niveis está moi desenvolvido, en primeiro término as arcadas e en segundo unha tribuna. O primeiro nivel posue arcos de medio punto que descargan sobre piares cruci formes con columnas pegadas en todas as súas caras, estos arcos soben ata o arranque dos arcos faxóns das bóvedas dividíndoas en diferentes tramos.
A tribuna é, xunto ao deambulatorio, unha novidade que caracteriza ás igrexas de peregrinación. Tribuna, deambulatorio e transepto permitía aos peregrinos visitar todo o templo sen interferir na celebración dos oficios. A tribuna de Santiago é elevada e profunda con vans a cada lado, no lado da nave central posue arcos xeminados.
contido
A catedral compostelana era a meta do camiño de Santiago, unha das rutas de peregrinación máis importantes da idade media. En santiago surxiu a necesidade de construir un templo capaz de dar cabida á cantidade de peregrinos que se acercaban a Santiago a venerar o sepulcro do apóstolo. A súa construcción iniciouse no 1075, durante o reinado de Afonso VI (1040-1109) e baixo a dirección do bispo, Diego Peláez. As obras foron interrompidas hacia o ano 1088 e non se retomaron ata que foi bispo Diego Xelmírez (1068-1139/40), hacia o ano 1100. Foi consagrada no 1105 e á morte de Xelmírez no 1140 practicamente estaba rematada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario