Mostrando entradas con la etiqueta Goya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Goya. Mostrar todas las entradas

23 abr 2012

O 3 de maio de 1808 ou os fusilamentos da Moncloa

TÍTULO: o 3 de maio de 1808
AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1814
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid












Este cadro plasma os fusilamentos do día seguinte ao dous de maio, cando os soldados franceses executaron a civiles sublevados.
A composición do cadro parte da iluminación e do dramatismo da mesma. Esa luz emana dunha lanterna que está no chan e que divide a escena en dúas partes: na zona iluminada están os condenados e na zona menos iluminada están os soldados. A camisa branca do protagonista absorbe toda a luz aparte de conter unha forte carga simbólica e dramática.
Os soldados que se dispoñen a fusilar aos sublevados forman unha diagonal que nos obriga a contemplar a escena desde ese mesmo lado. A descarga é inmediata, tal e como denota a postura dos soldados. Aos soldados no lles vemos o rostro o cal despersonalizaos, en cambio os cidadáns están perfectamente representados o cal lles confire, dignidade. Son conscientes da súa morte, adoptando numerosas posturas. O home de camisa branca levanta os brazos e mira hacia os seus verdugos, isto lembra ao Cristo crucificado coas súas chagas, á súa dereita aparece unha muller sentada cun neno no colo. Goya, así alude á Virxe co neno e a Xesús. 
A mensaxe do cadro sería o grito contra a irracionalidade da guerra. Goya utilizou todos os recursos posibles para traballar a expresión; reduce a gama cromática, ocre, negro, branco e vermello; potencia o dramatismo creando escorzos dinámicos, intensifica a linguaxe das mans e utiliza pinceladas máis soltas e manchas de cor. 

O 2 de maio: a loita cos mamelucos

TÍTULO: o 2 maio de 1808
AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1814
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado; Madrid












Neste cadro de gran formato, Goya mostra a revolta popular do pobo de Madrid que deu lugar á Guerra de Independencia contra a ocupación francesa e o goberno de Bonaparte. O enfrontamento foi feito contra os turcos das milicias francesas. Este representación de soldados musulmáns nunha pintura de historia nos recrorda á loita contra os mouros, sentimento nacionalista desde tempos da reconquista. O cadro posúe unha dinámica forte, pintado nun estilo rápido de factura solta e cunha paleta de marróns e vermellos o que nos recorda á paleta típica de Delacroix.

As "Majas"

TÍTULO: Maja vestida
AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1800
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid






O 16 de marzo de 1815, a Inquisición ordenaba: "Que se llame a comparecer ante este tribunal al llamado Goya para que reconozca y diga si son obra suya, con qué motivo las hizo, por encargo de quién y qué fines se proponía". As dúas Majas aparecerán entre os bens confiscados a Godoy, pero falta o documento de encargo. Esta falta de información fixo crer, tradicionalmente, que as pinturas representaban á Duquesa de Alba, pouco probable pois o parecido físico non está constatado ni existe constancia da pertenza dos cadros á casa de Alba. A probabilidade de que o encargo fora feito por Godoy, é bastante grande e se cree que tería forma de díptico, pois a vestida taparía á desnuda. A Maja vestida non é un retrato particular de alguén, máis ben está a retratar un traxe con vestido de talle alto, cintura estreita e coa española mantilla de encaixe negro sobre os ombreiros.


TÍTULO: Maja desnuda
AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1800
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid






Probablemente se trate da posible amante  de Godoy, Pepita Tudó, disposta exactamente igual que a vestida. O rostro é afilado e sutil, posúe amendoados ollos sen apenas maquillaxe pero moi profundos, cabelos castaños e rizados. É un retrato dunha muller espida entre sabanas desordeadas. Con respecto á vestida trátase dunha imaxe canónica, engalanada e cun rostro tradicional. A desnuda, é un retrato sen pudor, sobre unha cama a medio facer, apoiada sobre coxíns.

A familia de Carlos IV

TÍTULO: A familia de Carlos IV
AUTOR: Francisco de Goya y Lucientes
CRONOLOXÍA: 1800-1801
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid












Goya, utiliza unha pincelada solta e relega o debuxo a nivel secundario. Con respecto á paleta, é de destacar o cromatismo dos traxes; brancos e dourados armonizan con vermellos, azuis e negros. Destaca a cor dourada da vestimenta da raíña María Luisa e o vermello do infante Franciso de Paula. En canto á luz, Goya iluminou a parte dereita deixando a parte esquerda en penumbra.

Se trata dun retrato colectivo, que nos recorda ás Meninas, pero que comparte semellanzas co retrato neoclásico (verticalidade, ausencia de movemento), sin poder non obstante incluílo dentro deste estilo, pois renuncia ao debuxo elaborado, centrándose na cor e no estudio psicolóxico das personaxes.
As personaxes son: o rei e a súa dona, cos seus dous fillos pequenos, María Isabel e Francisco de Paula; na esquerda atópase o futuro rei Fernando VII coa súa futura dona, que esconde o rostro, pois todavía non se sabía que ía ser, o infante Carlos María Isidro e a irmá do rei; á dereita, antonio Pascual, irmán do soberano, as fillas dos monarcas, Carlota Xoaquina e María Luísa Xosefina, o marido da segunda, Luis de Borbón e o infante Carlos Luis, fillo deste. Á esquerda en semipenumbra detrás dun caballete de grande factura, aparece Goya.
A escena está dotada de pouca profundidade o que unido a grande cantidade de personaxes da sensación de falta de espacio.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...