AUTOR: Goya
CRONOLOXÍA: 1814
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid
Este cadro plasma os fusilamentos do día seguinte ao dous de maio, cando os soldados franceses executaron a civiles sublevados.
A composición do cadro parte da iluminación e do dramatismo da mesma. Esa luz emana dunha lanterna que está no chan e que divide a escena en dúas partes: na zona iluminada están os condenados e na zona menos iluminada están os soldados. A camisa branca do protagonista absorbe toda a luz aparte de conter unha forte carga simbólica e dramática.
Os soldados que se dispoñen a fusilar aos sublevados forman unha diagonal que nos obriga a contemplar a escena desde ese mesmo lado. A descarga é inmediata, tal e como denota a postura dos soldados. Aos soldados no lles vemos o rostro o cal despersonalizaos, en cambio os cidadáns están perfectamente representados o cal lles confire, dignidade. Son conscientes da súa morte, adoptando numerosas posturas. O home de camisa branca levanta os brazos e mira hacia os seus verdugos, isto lembra ao Cristo crucificado coas súas chagas, á súa dereita aparece unha muller sentada cun neno no colo. Goya, así alude á Virxe co neno e a Xesús.
A mensaxe do cadro sería o grito contra a irracionalidade da guerra. Goya utilizou todos os recursos posibles para traballar a expresión; reduce a gama cromática, ocre, negro, branco e vermello; potencia o dramatismo creando escorzos dinámicos, intensifica a linguaxe das mans e utiliza pinceladas máis soltas e manchas de cor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario