26 abr 2012

O almorzo campestre

TÍTULO: O almorzo campestre
AUTOR: Édouard Manet
CRONOLOXÍA: 1863
ESTILO: precedente do impresionismo
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Museo de Orsay












En 1863, o xurado móstrase severo na selección das obras para o Salón Oficial, que Napoleón III, decidirá que as obras rexeitadas sexan expostas no Palacio da Industria. Moitas das obras poderán observarse no Salón dos Rexeitados. O almorzo campestre de Manet, chamado O Baño , provocará escándalo. Esa muller desnuda rodeada por dous homes vestidos non fai nada, o tema mitolóxico heredado dos mestres antigos desapareceu en favor dunha escena costumbrista. Manet pinta dunha forma case descarada, con manchas de cor planas, non integra as figuras no espacio do bosque que apenas é un esbozo.

Os verdes son a cor predominante e acaban envolvendo aos negros, brancos, ocres e azuis dos personaxes. As tonalidades verdosas danlle apariencia de transparencia ao regato. As figuras son zonas planas de cor, non hai claroscuros e o debuxo non ten liñas que modelen as figuras. A luz se funde nas cores e as sombras son simples manchas de cor xustapostas.

Unha muller espida e dous homes vestidos, ocupan o espacio central do lenzo. As dúas personaxes da esquerda están sentadas sobre a herba e xiran o seu rostro hacia o espectador, pero só ela busca conscientemente a súa mirada. O outro home está deitado e parece que está a falar. Ao fondo unha muller no regato; e na marxe inferior esquerda unha cesta con froitas e pan.

Manet inspirábase para facer as súas obras en outros pintores, nesta ocasión basearase en O concerto campestre de Giorgione, e o Xuízo de Paris de Rafael.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...