Mostrando entradas con la etiqueta Picasso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Picasso. Mostrar todas las entradas

12 jun 2012

Los desastres de la guerra de Rubens



Los desastres de la guerra pertence a Pedro Pablo Rubens e está fechada no 1637 pois existe unha carta con data do día 12 de marzo de 1638 na que o autor describe a obra que por aquel entonces viaxaba hacia Florencia. O destinatario da carta era Justus Sustermann, residente en Florencia e retratista dos Médicis. Didier Bodart no seu libro sobre Rubens mantén que Sustermann lle encargou o cadro a Rubens para a súa colección. A obra forma parte das coleccións do Palazzo Pitti de Florencia.
Trátase dun óleo sobre lenzo de grandes dimensións donde Rubens desplegou todo o seu virtuosismo técnico con gran dinamismo, vitalidade e exhuberancia basándose no estudio de Miguel Anxo, Caravaggio e Anibale Carraci, ademáis dos venecianos, dos cales aprendeu o seu colorido, como Tiziano. Rubens nos fai disfrutar dun cromatismo en tonos oscuros e intensos que contrastan coa desnudez da figura principal. A protagonista femenina por outra banda posúe as características dos corpos femininos de Rubens, modelos grosos, carnosos e sensuais xunto con cabelos sedosos.
A composición moi barroca, do gusto de Rubens, está ordenada sobre un esquema diagonal dando unha sensación de movemento que vai máis alá do propio marco. No centro hai unha figura masculina ataviada con elementos guerreiros como o casco, o escudo ou a coraza portando unha espada, trátase do deus Marte, Ares na mitoloxía grega. Venus á súa dereita intenta retelo e a outra muller, a Furia Alecto, tira con forza de él.

Texto adaptado de Mar Baztán Sabalza da Universitat de Valencia, "Los desastres de la Guerra de Pieter Paul Rubens"

Para coñecer a todos estos personaxes nos remitimos a unha fonte segura como a carta que escribiu Rubens a Sustermann. A carta está reproducida en moitas obras, aquí nos basamos en Gombrich E.H., Imágenes simbólicas, Madrid, Alianza, 1983:

“La figura principal es Marte, que acaba de abrir la puerta del templo de Jano (que
era costumbre dejar cerrada en tiempos de paz) avanza con el escudo y la espada
ensangrentada, amenazando a las naciones con un gran estrago y sin prestar la menor
atención e Venus, su mujer, que con caricias y abrazos trata de contenerle, acompañada de
sus Cupidos y amorcillos. Por el otro lado tira de Marte la Furia Alecto, que lleva una
antorcha en la mano. No lejos están los monstruos que representan la Peste y el Hambre,
compañeros inseparables de la guerra; yace en el suelo una mujer con un laúd roto, que
representa la Armonía, incompatible con las discordancias de la guerra; hay también una
madre con su hijito en brazos, que denota la fecundidad, generación y caridad pisoteadas
por la guerra, que todo lo corrompe y lo destruye. Hay además un arquitecto en el suelo,
con sus instrumentos en la mano, para dar a entender que lo edificado para la comodidad y
ornamento de una ciudad es derribado y reducido a ruinas por la violencia de las armas.
Creo, si bien recuerdo, que también puede verse en el suelo, bajo los pies de Marte, un
libro y unos dibujos en papel, para dar a entender que también pisotea la literatura y las
demás artes. Hay así mismo, creo, un haz de flechas con la cuerda que las une desatada,
que cuando están unidas son el emblema de la Concordia, y también pinté, tirado junto a
ellas, el caduceo y el olivo, el símbolo de la paz. Esa lúgubre Matrona, vestida de negro y
con el velo rasgado, despojada de sus joyas y de cualquier otro adorno, es la infeliz
Europa, afligida por tantos años de rapiña, ultrajes y miseria que, como tan perjudiciales
resultan para todos, no necesitan ser especificados. Su atributo es ese globo que sostiene
un putto o genio y remata un copete que representa el orbe cristiano. Esto es cuanto puedo
decirte".

Esta obra de Rubens, Los desastres de la guerra, será a fonte utilizada por Picasso para a realización da súa obra xenial, O Guernica. O autor malagueño visionará o cadro de Rubens no seu viaxe a Florencia e quedará profundamente impactado polo lenzo. Este feito o conta no seu último libro Baltasar Magro La luz del Guernica.

7 may 2012

As Meninas

TÍTULO: As Meninas
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1957
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo Picasso, Barcelona












As Meninas de Picasso son unha serie formada por 58 óleos: 44 reinterpretacións do cadro de Velázquez, 9 escenas con pombas, 3 paisaxes e 2 interpretacións libres.
Aquí resume todas as innovacións que irá realizando ao longo da súa carreira; formación académica, diferentes estilos do cubismo, o expresionismo e as distorsións do surrealismo.

Guernica

TÍTULO: Guernica
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1937
ESTILO: Cubismo, surrealismo, expresionismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid


A pintura Guernica nos traslada a un mundo apocalíptico, herdeiro quizá das pinturas de Goya, a través dunha ausencia de cor. Básicamente Picasso, utiliza o branco e negro, cunha ampla variedade de grises e algún toque azulado. Isto relaciónase coas fotografías en branco e negro da época pero tamén non debemos olvidar todo o traballo de Picasso en litografía e augaforte destes anos.
Además da ausencia da cor, utilizou outros recursos expresivos para darlle todavía máis dramatismo á obra; a deformación dos corpos; rostros desdoblados, estirados, crecidos e a distinta luz utilizada iluminando todo aquelo que lle interesa. A preocupación maior foi a expresión da dor, evidenciada na nai co fillo morto no colo, un rostro desgarrado no que os propios ollos semellan unha bágoa que resbala, cunha boca moi aberta, os dentes saídos e unha língua moi afilada, representan a dor maternal; e no cabalo a expresión da dor visceral.
Picasso concibe unha pintura de batalla con tan só nove personaxes e algún elemento contextual. A composición estructúrase a través dunha pirámide de luz central, compensada con dous eixos verticais a ámbos lados. No vértice da pirámide está o quinqué da muller que asoma pola fiestra; unha luz artificial que ilumina o cabalo agonizante, cunha lanza cravada no costado; o guerreiro descomposto aos pés, e a figura feminina que avanza desde a esquerda. No fondo en semipenumbra, un paxaro, ferido, pode ser unha pomba. No lado esquerdo, o touro e a maternidade e no lado dereito a muller atrapada no incendio. De fondo algunha edificación, o chan con baldosas, unha mesa. O espacio é angustioso, moi teatral con grandes personaxes respecto ás edificacións. 

3 may 2012

Os tres músicos

TÍTULO: os tres músicos
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1921
ESTILO: cubismo sintético
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: MOMA, New York














Picasso continuará a busqueda da linguaxe cubista en solitario tras a movilización de Braque na Primeira Guerra Mundial. Os papiers collés serán unha liberación; a dependencia do motivo será menor, o proceso pictórico invirte os seus términos. Así entre 1914 e 1921 os cadros exhibirán unha rica paleta, a través da combinación de formas, de cromatismo e e texturas varias pode chegarse á figuración. Esto se chamará cubismo sintético en contraposición do cubismo analítico que construía o orden pictórico a partir de datos do motivo pintado.
Plena incorporación da cor neste cadro e un certo sentido decorativo que aprendeu con Diaghilev nos ballets rusos.

Pablo vestido de arlequín

TÍTULO: Pablo vestido de arlequín
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1924
ESTILO: etapa clásica
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Musée Picasso, París



Pablo, fillo maior do pintor, naceu do seu matrimonio coa bailarina Olga Koklova, tiña entón tres ano. Picasso volve ao tema do arlequín, e en esta ocasión trae de novo a primeiro plano o debuxo exacto de Ingres. As proporcións e a forma de insertar a figura no espacio nos recordan ao Pífano de Manet e aos bufóns de Felipe IV de Velázquez.

Tres mulleres nunha fonte

TÍTULO: Tres mulleres nunha fonte
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1921
ESTILO: etapa neoclásica
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: MOMA, New York


















Despois da Primeira Guerra Mundial, París tomará un respiro na carreira de novidades das dúas primeiras décadas do século. Imponse un certo retorno aos valores tradicionais, unha volta á orde na que Picasso se fará eco. Entre 1917 e 1923, alternando con cadros cubistas, practica certo clasicismo recuperando o interés pola forma escultórica. Nesta obra Picasso utiliza a monumentalidade das figuras como na época azul, reforzando a acento escultórico. A referencia clasicista é evidente; estructura piramidal, túnicas plisadas evocando as columnas dóricas estriadas dun templo grego. 

A moza da mandolina

TÍTULO: A moza da madolina
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1910
ESTILO: Cubismo analítico
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: MOMA, New York

















A etapa de formación na linguaxe cubista se pode considerar unha historia privada entre Picasso e Braque. Amigos deles como Apollinaire, André Salmon, Max Jacob e D.H. Kahnweiler (cuio apoio como marchante será fundamental) tiveron acceso a ela. Os cadros de Picasso ata 1909 seguen unha clara preocupación pola forma. Nos dous anos seguintes a preocupación xa será integrar nunha soa trama de planos os volúmenes e o espacio. Picasso nesta etapa renuncia aos contrastes de cor e teñen ese aire característico de grisalla.
O tema entra de cheo no repertorio cubista pero a nova linguaxe todavía non é clara. A desintegración na parte inferior todavía é ilusionista.

2 may 2012

As señoritas de Avignon

TÍTULO: As señoritas de Avignon
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1907
ESTILO: protocubismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: The Museum of Modern Art, Nueva York
















Picasso a partir do 1906 empeza a interesarse pola arte ibérica, grega arcaica, africana e do antigo exipto propiciando o estudio na xeometrización das formas. Tamén lle influen os fauvistas e a pintura de Cezanne.
Considerado por algúns como o manifesto do cubismo existen discrepancias sobre a situación do burdel onde se atopaban as señoritas, pois algunha fonte o sitúan nun burdel barcelonés situado na rúa Avinyó. O que é indudable e que Picasso con esta obra marca un punto de inflexión na arte do século XX. 
Rompe coa norma de que unha imaxe é unicamente representable desde un único punto de vista, e tamén cambia a forma tradicional de tratar o espido feminino.
Son cinco mulleres sobre un fondo sin profundidade, onde aparece unha cortina xerando un espacio indeterminado facendo ver ás figuras como si estiveran dispostas nun escaparate. A desfragmentación xeométrica da cortina evoca a influencia de Cezanne. As mulleres caracterizadas como figuras terribles, incluso demoníacas responden ao estudio de Picasso da arte ibérica con orellas longas, ollos amendoados e dúas delas amosando o rostro de fronte e o nariz de perfil. A que está agachada, responde a influencia da arte africana, posue un rostro deforme con ollos fixos e asimétricos e o nariz curvo. O sorprendente desta personaxe e que se amosa desde dous puntos de vista simultáneos, de costas e de fronte. Non existe relación entre as mulleres e o espectador.

A vida

TÍTULO: A vida
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1903
ESTILO: época azul 1901-1904
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: The Cleveland Museum of Art

















Entre 1900 e 1906, coincidindo coa escena artística francesa, Picasso inicia a primeira fase persoal da súa carreira. O peso da Barcelona modernista todavía faise notar nos seus cadros decadentes e simbolistas, moi do gusto daquela época. As figuras son monumentais, sobre fondos monocromos nos que predomina o azul e o rosa, que dan nome a estas dúas etapas. A fronteira entre as dúas non é fácil, aínda que na primeira utiliza os temas compasivos e a desolación: mendigos, maternidades a través da miseria, vellos decrépitos e tristeza interior nos que se advirte a influencia de Nonell e o Greco.
A vida, é unha alegoría de gran formato e é o cadro máis ambicioso de Picasso ata o momento. É un grupo simbólico de gran significado, trátase dunha homenaxe ao seu amigo Carles Casagemas, semidesnudo, que se suicidara por amor en París no ano anterior.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...