7 may 2012

Guernica

TÍTULO: Guernica
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1937
ESTILO: Cubismo, surrealismo, expresionismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid


A pintura Guernica nos traslada a un mundo apocalíptico, herdeiro quizá das pinturas de Goya, a través dunha ausencia de cor. Básicamente Picasso, utiliza o branco e negro, cunha ampla variedade de grises e algún toque azulado. Isto relaciónase coas fotografías en branco e negro da época pero tamén non debemos olvidar todo o traballo de Picasso en litografía e augaforte destes anos.
Además da ausencia da cor, utilizou outros recursos expresivos para darlle todavía máis dramatismo á obra; a deformación dos corpos; rostros desdoblados, estirados, crecidos e a distinta luz utilizada iluminando todo aquelo que lle interesa. A preocupación maior foi a expresión da dor, evidenciada na nai co fillo morto no colo, un rostro desgarrado no que os propios ollos semellan unha bágoa que resbala, cunha boca moi aberta, os dentes saídos e unha língua moi afilada, representan a dor maternal; e no cabalo a expresión da dor visceral.
Picasso concibe unha pintura de batalla con tan só nove personaxes e algún elemento contextual. A composición estructúrase a través dunha pirámide de luz central, compensada con dous eixos verticais a ámbos lados. No vértice da pirámide está o quinqué da muller que asoma pola fiestra; unha luz artificial que ilumina o cabalo agonizante, cunha lanza cravada no costado; o guerreiro descomposto aos pés, e a figura feminina que avanza desde a esquerda. No fondo en semipenumbra, un paxaro, ferido, pode ser unha pomba. No lado esquerdo, o touro e a maternidade e no lado dereito a muller atrapada no incendio. De fondo algunha edificación, o chan con baldosas, unha mesa. O espacio é angustioso, moi teatral con grandes personaxes respecto ás edificacións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...