2 may 2012

A raia verde

TÍTULO: A raia verde (Madame Matisse)
AUTOR: Henri Matisse
CRONOLOXÍA: 1905
ESTILO: Fauvismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Statens Museums for Kunst, Copenhague

















Dentro de esta obra de Matisse a cor o é todo, o cromatismo utilizado nos transmite sensacións, dándolle vida e luz propia mediante a sabia utilización dos contrastes. Utiliza o vermello e cores alaranxadas enfrontadas ao verde, o seu complementario, que ocupa a zona central do lenzo e do rostro e tamén o fondo da parte dereita. Utiliza as cores de forma arbitraria, ao modo dos fauves. As cores están plasmadas de forma plana nos fondos, na cara utiliza unha pincelada solta pero supostamente seguindo un orde ou ritmo.
Este retrato é a dona de Matisse, a raia verde, de medio busto e co rostro ladeado. A obra nos transmite serenidade e tranquilidade a través da simplicidade. A utilización da raia verde no rostro, tampouco está utilizada de modo arbitrario, Matisse nos mostra a separación entre a zona iluminada e sombreada, para esto utiliza a cor, de xeito que o lado frío simula a sombra e o lado de cores cálidas simula a iluminada. No fondo está a ultilizar unha gama de cores pouco convencional.
Matisse pretendía con este cadro, pintar o rostro da súa dona tal e como o vía él.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...