8 may 2012

A persistencia da memoria

TITULO: A persistencia da memoria
AUTOR: Salvador Dalí
CRONOLOXÍA: 1931
ESTILO: surrealismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: MOMA, New York











Atribuir ás imaxes unhas propiedades contradictorias con aquelas que teñen en realidade, é un dos recursos máis coñecidos do método paranoico-crítico de Dalí. Son famosas as súas representacións de obxectos blandos ou derretidos que se xeralizan a partir de esta obra. Aquí aparecen os famosos reloxos blandos, esta blandura a relaciona Dalí a case calquera obxecto sólido e indica a súa condición de espectro ou fantasma, vestixio do mundo do soño. No caso dos reloxos, sen embargo, a imaxe ten implicacións máis profundas, aludindo á relatividade da interacción espacio-tempo, é decir á chamada cuarta dimensión. O blando é para Dalí o dixerible, o sustancial, en contraposición ao duro e irreductible.
No cadro aparece a bahía de Port Lligat ao amencer. A paisaxe é simple, o mar ao fondo e unha pequena formación rochosa á dereita. Hai catro reloxos, un de bolsillo e tres blandos e deformados. Un deles colga en equilibrio da rama dunha árbore. Máis abaixo, no centro, outro acoplado a modo de montura sobre unha cara con longas pestanas inspirada nunha roca do cabo de Creus. O terceiro reloxo está a punto de deslizarse polo muro, sobre él hai unha mosca e sobre o reloxo de bolsillo, tamén situado no muro, hai un grupo de formigas, moi recurrentes en Dalí e nos surrealistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...