2 may 2012

As señoritas de Avignon

TÍTULO: As señoritas de Avignon
AUTOR: Pablo Picasso
CRONOLOXÍA: 1907
ESTILO: protocubismo
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: The Museum of Modern Art, Nueva York
















Picasso a partir do 1906 empeza a interesarse pola arte ibérica, grega arcaica, africana e do antigo exipto propiciando o estudio na xeometrización das formas. Tamén lle influen os fauvistas e a pintura de Cezanne.
Considerado por algúns como o manifesto do cubismo existen discrepancias sobre a situación do burdel onde se atopaban as señoritas, pois algunha fonte o sitúan nun burdel barcelonés situado na rúa Avinyó. O que é indudable e que Picasso con esta obra marca un punto de inflexión na arte do século XX. 
Rompe coa norma de que unha imaxe é unicamente representable desde un único punto de vista, e tamén cambia a forma tradicional de tratar o espido feminino.
Son cinco mulleres sobre un fondo sin profundidade, onde aparece unha cortina xerando un espacio indeterminado facendo ver ás figuras como si estiveran dispostas nun escaparate. A desfragmentación xeométrica da cortina evoca a influencia de Cezanne. As mulleres caracterizadas como figuras terribles, incluso demoníacas responden ao estudio de Picasso da arte ibérica con orellas longas, ollos amendoados e dúas delas amosando o rostro de fronte e o nariz de perfil. A que está agachada, responde a influencia da arte africana, posue un rostro deforme con ollos fixos e asimétricos e o nariz curvo. O sorprendente desta personaxe e que se amosa desde dous puntos de vista simultáneos, de costas e de fronte. Non existe relación entre as mulleres e o espectador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...