29 may 2012

Alex Katz

Red Smile, 1963



O MACUF de a Coruña exhibe hasta setembro unha selección de obras do pintor neoyorquino, predecesor do Pop Art e indiscutible retratista da vida cotidiana de América.
Nacido en Nova York en 1927, interesouse moi pronto pola arte comercial, matriculouse na Woodrow Wilson Vocational High School de Queens. Posteriormente, ingresou no 1946 na Cooper Union School of Art and Architecture, escola de arte mezcla entre Bauhaus e o espírito cubista. A obra de Alex Katz non resulta tan convencional como a menudo é calificada. A invención dos cut-outs -figuras recortadas e pintadas-, a aposta pola figuración de grandes formatos da abstracción neoyorquina e das vallas publicitarias e os retratos rodeados dun fondo neutro, supoñen as principais aportacións de Alex Katz ao panorama artístico norteamericano de finais dos anos cincoenta.  



Cut-Outs



Os Cut-Outs representan unha das primeiras aportacións de Alex Katz á vanguardia contemporánea. Figuras recortadas e pintadas ao óleo polas dúas caras, adheridas a unha armazón de madeira ou aluminio e a un delgado pedestal que os suxeita á base. Son imaxes convertidas en obxectos e ao mesmo tempo, pinturas polas dúas caras que deben ser rodeadas polo espectador ao igual que unha escultura.

 Con Chaqueta roja, 1982 entramos na etapa de grandes formatos iniciada a finais dos anos cincoenta. Alex Katz aumenta o tamaño dos seus motivos, influenciado polos medios de masas -vallas publicitarias, pantalla en cinemascope- e a actitude dos personaxes, os cales se asimilan a actores, actrices e modelos.

O retrato é o xénero predominante en Katz, aparte de Ada, a súa segunda muller, e o seu fillo Vincent, o pintor consagrou moitos retratos aos seus amigos. Obsérvase en todos eles o desinterese do pintor pola introspección psicolóxica, a incomunicación das personaxes é palpable, sobre todo cando fai retratos colectivos. Alex Katz gran admirador confeso do cine de Antonioni, Ingmar Bergman e a nouvel vague francesa de Resnais, Chabrol, Truffaut, Godard, fai os seus cadros como si se tratase de fotogramas de películas con grandes silencios. Por outra banda é innegable a influencia pictórica e realista de Edward Hopper, a incomunicación do individuo representado en escenas cotidianas e colectivas, un café ou unha festa privada. 






Maria in Black, 1995


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...