AUTOR: Andy Warhol
CRONOLOXÍA: 1965
ESTILO: Pop Art
TÉCNICA: Acrílico e tintura serigráfica
LOCALIZACIÓN: diferentes museos (National Gallery of Art, Washington, Leo Castelli Gallery, Nova York)
Andy Warhol reprodiciu en multitude de ocasións e sempre diferente os botes de sopa Campbell. En esta versión mantén a etiqueta da lata orixinal, de feito é unha reproducción en acrílico e tintura serigráfica da lata auténtica de sopa.
A lata está representada en perspectiva sobre un fondo neutro que fai resaltar o seu contorno. O artista elixe unha lata de sopa Campbell como motivo dunha obra de arte, exemplificando o pop art, relacionando a arte e a cultura popular, dándolle importancia á cotidianidade e ao banal e superfluo.
Andy Warhol con estas obras estaba protestando contra a arte institucionalizada, fóra do gran público, e venerada sen reflexión nin acercamento crítico. Os temas utilizados por Warhol son a fama, o glamour, a morte, a violencia, os desastres e o diñeiro. Utiliza un método rápido para a apropiación da imaxe, fácil de usar, con posibilidade de reproducción indefinida, convertendoa en auténtico icono da cultura contemporánea. Warhol confesou que serigrafiou a lata de sopa Campbell, pois era o que comía todos os días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario