Mostrando entradas con la etiqueta Dadaísmo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dadaísmo. Mostrar todas las entradas

10 may 2012

Fonte

TITULO: A fonte
AUTOR: Marcel Duchamp
CRONOLOXÍA: 1917
ESTILO: Dadaísmo
LOCALIZACIÓN: Philadelphia Museum of Art
















Cos seus ready-mades, Marcel Duchamp penetrou nunha arte baseada nas ideas, anticipando o que se chamaría arte conceptual. O ready-made, nome inventado polo propio Duchamp, é un obxecto de uso cotidiano que cunha mínima intervención por parte do artista e a conseguinte descontextualización o converten en obra de arte.


En 1913, realizou o seu primer ready-made, Roda de bicicleta, ensamblando unha roda de bicicleta a unha cadeira de cociña.
En 1917, Marcel Duchamp presentou como unha escultura, na exposición da Sociedade de Artistas Independentes de Nova York, un urinario volto do revés que levaba o título de Fonte e que estaba asinado como R. Mutt. O comité da exposición considerou o feito como un escándalo e rexeitou a escultura, pero pouco tempo despois converteuse nunha peza emblemática do dadá en Nova York e da arte do século XX.

8 may 2012

L.H.O.O.Q.

TÍTULO: L.H.O.O.Q.
AUTOR: Marcel Duchamp
CRONOLOXÍA: 1919
ESTILO: Dadaísmo  (ready-mades)
LOCALIZACIÓN: Centro Georges Pompidou, París



















L.H.O.O.Q. é unha obra de Marcel Duchamp feita en 1919. É un raedy-mades; obxectos que son producidos en serie, destinados a un uso utilitario e alleos á arte. Normalmente estos ready-mades acaban converténdose en obras de arte polo mero feito de que o artista os elixe e lles cambia o nome, os firma ou simplemente os presenta nunha exposición artística.
O nome da obra, L.H.O.O.Q. é homófono en francés "Elle a chaud au cul", literalmente "Ela ten o cu quente", que podría traducirse como "Ela está excitada sexualmente". 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...