NOME: Santa María do Naranco
ARQUITECTO: descoñecido
CRONOLOXÍA: construída como palacio; consagrada como igrexa en 848
LOCALIZACIÓN: Oviedo
CRONOLOXÍA: construída como palacio; consagrada como igrexa en 848
LOCALIZACIÓN: Oviedo
ESTILO: Arte prerrománica
exterior
Configúrase como un prisma rectangular rematado por unha cuberta a dúas augas ou dobre vertente, a disposición dos contrafrtes rompe a monotonía e crea sensación de verticalidade.
O edificio está organizado en tres niveis, dos cales o terceiro é ficticio, pois no interior responde a un segundo andar prolongado para conseguir así máis altura.
As fachadas norte e sur, teñen un carácter macizo porque os contrafortes estriados potencian a súa verticalidade, rompendo tamén coa monotonía do muro suxerindo un xogo de luces e sombras.
No norte atopamos o único acceso á segunda planta ou planta nobre e unha escaleira exterior que culmina nun pórtico; no sur, quedan os restos dun balcón.
As fachadas leste e oeste teñen vans e no ficticio terceiro andar unha fiestra trífora que se corresponden cos vans do segundo andar ou planta nobre.
Destacan os miradoiros dos lados curtos do rectángulo con tres vans de arcos peraltados sobre columnas sogueadas e decoración de medallones e clípeos. Na parte inferior tamén existen tres vans que dan ao oratorio e baños e na parte superior repítese o esquema con tres vans con función decorativa.
planta e interior
A planta é un rectángulo dividido nunha sala central e dous recintos adxacentes. A planta baixa debía de ser da servidume e nas laterais había baños e un oratorio. A planta nobre, posible lugar de reunión e festas, está iluminada cos miradoiros laterais. Toda esta planta posúe unha gran bóveda de canón, lixeiramente peraltada e reforzada con arcos faixóns. O muro no interior refórzase mediante unha arquería cega de columnas e no exterior por contarfortes.
O inferior consta de tres salas : unha central , de maiores dimensións con bóveda de canón e arcos faixóns, e dous laterais : oratorio e baño. Ao exterior obsérvanse xanelas e zócolo.
O nivel superior ou planta nobre á que se accede por unha escaleira exterior, presenta dous pórticos ou miradoiros abertos ao exterior, ao leste e ao oeste.
Esta gran sala presenta precedentes do ROMÁNICO:
Bóveda de canón con arcos faixóns reforzados con arquerías cegas dispostas nos muros laterais, que repousan en grupos de catro columnas encostadas con fuste sogueado e capitel derivado do corintio.
Este sistema de contrarresto complétase con contrafortes no exterior. Este sistema construtivo que transmite empuxes da bóveda constitúe un claro precedente da arte románico e por outra banda os arcos de medio punto peraltados influirán en Santiago de Compostela.
Contexto historico
O reino de Asturias, derradeiro refuxio da cristiandade fronte aos musulmáns, era o herdeiro da tradición visigoda.
O rei impulsou unha arte programada e financiada pola coroa para a súa gloria. O mesmo rei Ramiro I transformou o edificio nunha igrexa no ano 848.
Arte asturiana.
Período de esplendor de reino astur primeira metade do Século IX.
A orixe do reino ten a súa orixe no enfrontamento cos árabes ( mítica batalla de COVADONGA) :O reino de Asturias comeza co rei Alfonso I 739.
O núcleo de resistencia e a monarquía " xustifica" o seu poder como lexítima continuadora da monarquía hispana visigoda.
TRES PERÍODOS
Etapa de creación ou inicial, segunda metade do século VIII. Con Alfonso II o Casto
Etapa de esplendor ou etapa ramirense. Século IX.
Etapa final . Na segunda metade do século IX e na que destaca o rei Alfonso III o Magno.
FUNCIÓN. Nun principio edificio civil como pavillón do rei Ramiro I. Máis tarde transfórmase en igrexa, cambiando o oratorio do piso inferior , a un dos miradoiros do piso superior, para cumprir a función de realizar os ritos cristiáns e bendicir aos soldados.







No hay comentarios:
Publicar un comentario